[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kranky Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kranky Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1993
SedeChicago
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://kranky.net
Bandcamp: krankySouncloud: kranky Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kranky Records é un selo discográfico independente estadounidense localizado en Chicago, Illinois. Fundárono en 1993 Bruce Adams, antigo publicista de Touch and Go Records, e Joel Leoschke, extraballador de Cargo Distribution.[1] As bandas da etiqueta destacan por combinar influencias experimentais e a miúdo tamén electrónicas, con elementos de estruturas rock máis convencionais. Moitos dos seus artistas están inspirados ou móvense ao redor da música ambient, psicodélica e experimental.

A primeira edición de Kranky foi o álbum de estrea de Labradford, Prazision LP, en outubro do ano 1993.[2] A partir dese momento Adams e Leoschke comezaron a fichar artistas de todo o mundo e de todo o espectro musical, destacando bandas como Low ou Godspeed You! Black Emperor.[1][3] Adams deixou o selo no ano 2006 e Leoschke continuou encargándose de Kranky coa axuda de Brian Foote, da banda Nudge.[1][2]

En xaneiro de 2020 Kranky tiña un catálogo de máis de 200 discos.[4]

Artistas actuais notables

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Kranky Celebrates 25 Years of Independence—and Patient Listening". Bandcamp Daily. 2018-11-15. Consultado o 2020-08-07. 
  2. 2,0 2,1 Pitchfork (ed.). "Kranky en Pitchfork". Consultado o 19 de marzo de 2016. 
  3. "Label of the month: Kranky". Resident Advisor. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2020-08-07. 
  4. "Catalog". kranky.net. Consultado o 2020-08-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]