Orlets 1
Aparencia
(Redirección desde «Kosmos 2031»)
Orlets 1 ou Don foi un tipo de satélite de recoñecemento fotográfico ruso.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os oito satélites Orlets 1 foron lanzados entre 1989 e 2006. Eran satélites de recoñecemento que usaban unha cámara panorámica e película fotográfica que era devolta á Terra en oito cápsulas para a súa análise. A súa orixe está na insuficiencia dos satélites Yantar 2K dos anos 1970 para proporcionar alertas temperás ante posibles ataques. Entre as variantes de satélites de recoñecemento desenvolvidas posteriormente están os Orlets 1, lanzados a bordo de foguetes Soiuz U e Soiuz U2. Foron sucedidos pola serie Orlets 2.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Orlets 1-1 (Kosmos 2031) | 18 de xullo de 1989 | Soiuz U | Éxito |
Orlets 1-2 (Kosmos 2101) | 1 de outubro de 1990 | Soiuz U2 | Éxito |
Orlets 1-3 (Kosmos 2163) | 9 de outubro de 1991 | Soiuz U2 | Éxito |
Orlets 1-4 (Kosmos 2225) | 22 de decembro de 1992 | Éxito | Soiuz U |
Orlets 1-5 (Kosmos 2262) | 7 de setembro de 1993 | Éxito | Soiuz U2 |
Orlets 1-6 (Kosmos 2343) | 15 de maio de 1997 | Éxito | Soiuz U |
Orlets 1-7 (Kosmos 2399) | 12 de agosto de 2003 | Éxito | Soiuz U |
Orlets 1-8 (Kosmos 2423) | 14 de setembro de 2006 | Éxito | Soiuz U |