[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kosmos 186

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 186
Selo celebrando o voo de Kosmos 186 e Kosmos 188
TipoDemostrador tecnolóxico
Data de lanzamento27 de outubro de 1967[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso31 de outubro de 1967[1]
NSSDC ID1967-105A

Kosmos 186 ou Cosmos 186 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 27 de outubro de 1967 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Kosmos 186 foi unha Soiuz modelo 7K-OK de tipo pasivo lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas en órbita xunto con Kosmos 188. Despois da traxedia da Soiuz 1 a Unión Soviética retomou as probas non tripuladas das naves Soiuz. Desta vez lanzáronse dúas Soiuz non tripuladas co obxectivo de encontrarse en órbita e facer manobras de aproximación e finalmene acoplarse de maneira totalmente automática, conseguindoo o 30 de outubro e sendo a primeira vez que se lograba en toda a carreira espacial. As naves voaron acopladas durante tres horas e media para logo volver cada unha polo seu lado. Kosmos 186 regresou o 31 de outubro mediante un descenso balístico, aterrando tal como estaba previsto.[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 186" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 186" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 14 November 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (67-27459 (E)). 21 de novembro de 1967: 3. Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 2, 5 (7K-OK, passive)" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "The USSR achieves the world's first fully automated docking in space" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]