[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fernando Hoyos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Hoyos
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xullo de 1982 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Huehuetenango, Guatemala Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Guatemala Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguerrilleiro, misioneiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4738483

Fernando Hoyos, nado en Vigo en 1943 e finado en Guatemala o 13 de xullo de 1982, foi un xesuíta que predicou e loitou en Guatemala seguindo a Teoloxía da liberación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ordenouse xesuíta en 1960 e realizou estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía en universidades de Salamanca, Múnic, Lovaina e Comillas (Madrid).

Labor en Guatemala

[editar | editar a fonte]

Xa formado na Teoloxía da liberación, chegou a Guatemala a comezos dos anos 70 e implicouse decididamente na solidariedade cun pobo privado de dereitos, masacrado polo Exército e en medio dunha pobreza e desigualdade extremas. O seu labor social e educativo deixou unha fonda pegada no país centroamericano. Acabou por se integrar no Exército Guerrilleiro dos Pobres (EGP) e morreu nun enfrontamento armado o 13 de xullo de 1982 sen que o seu corpo aparecese até o día de hoxe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]