[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

FAISAT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Faisat 1»)
FAISAT
TipoComunicacións
OrganizaciónFinal Analysis Inc.
Destino actualRetirado.[1][2][3]
Data de lanzamento24 de xaneiro de 1995, 3:54 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorKosmos 3M[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk, rampla 132/1[1][2]
Obxectivo da misiónComunicacións.[1][2]
NSSDC ID1995-002C
Masa115 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7370 km[4]
Inclinación82,9º[4]
Apoapse1027,6 km[4]
Periapse972,2 km[4]

FAISAT (acrónimo de Final Analysis Inc. Satellite), coñecido tamén como Faisat 1, é un satélite de comunicacións da empresa Final Analysis Inc. lanzado o 24 de xaneiro de 1995 mediante un foguete Kosmos 3M, xunto co satélite Tsikada 1, desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

FAISAT tiña unha masa de 115 kg e a súa misión principal era a de comunicacións mediante o sistema de almacenamento e reenvío de datos a terminais situados nos Estados Unidos. Levaba a bordo unha carga secundaria da Forza Aérea dos Estados Unidos que non foi activada debido a falta de fondos. O satélite debía probar protocolos de comunicación en órbita baixa terrestre nas bandas de VHF e UHF, pero non foi capaz de establecer ligazóns estables cos terminais remotos cos que debía comunicarse. Foi apagado en maio de 1996. Foi seguido polo satélite FAISAT 2V.[1][2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (27 de febreiro de 2020). "FAISAT" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2020). "FAISAT" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Faisat 1" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "FAISAT" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  5. Claude Lafleur (2020). "Faisat" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  6. "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 27 de xullo de 1995: 7. Consultado o 24 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]