[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Foro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo foro pode referirse a:

  • Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral.
  • Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila ou a unha familia ou persoa.
  • Foro, praza das urbes da antiga Roma que constituía o centro da vida pública, o exemplo máis salientable é o do Foro Romano, a cerna da cidade de Roma. Por derivación, este termo deu lugar a numerosos foros:
    • O foro, praza onde se trataban os negocios públicos e onde o pretor celebraba os xuízos durante o Imperio romano
    • Foro, lugar onde un tribunal de xustiza exerce as súas funcións.
    • Foro, ou curia, conxunto de avogados, procuradores e empregados da administración de xustiza.
    • Foro, tipo de reunión onde distintas persoas discuten en torno a un tema de interese común. É, esencialmente, unha técnica de comunicación oral, pero tamén pode ser virtual:

Política

[editar | editar a fonte]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Como topónimo Foro pode referirse a:

Como hipocorístico pode referirse a: