[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Exergo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baiocco dos Estados da Igrexa (1795), coa indicación do valor e a data no exergo de cada face.

Exergo (do latín: exergum, desde o grego: ἐξ ἔργου -ex érgou-, "fóra da obra") é o espazo que nunha moeda se acha ás veces por baixo do motivo principal (e, máis raramente, por riba), e aparece frecuentemente delimitado mediante unha liña horizontal.[1][2][3][4][5]

Con frecuencia, o exergo utilízase para indicar a data ou o valor facial da moeda, ou outras informacións como a marca de ceca, o xentilicio, no caso dalgunhas moedas antigas gregas, ou a sinatura do gravador.[6] En ocasións o exergo está ocupado simplemente por elementos decorativos.[7]

Ás romano coa inscrición SC (Senatus Consulto) no exergo

Nas moedas da República Romana e de principios do Imperio, as inscricións do exergo refiren adoito ás datas consulares ou á autoridade do Senado, mediante as iniciais SC (Senatus Consulto), en tanto que nas emisións tardorromanas e nas moedas do Imperio Bizantino, o exergo serve con frecuencia para incicar a cidade de procedencia da cuñaxe, ben mediante unha abreviatura ou ben co seu nome completo.[8] En ambos os casos, a inscrición do exergo forma unha liña recta, mentres que o resto da lenda ten un sentido circular.[9]

Peseta española da II República coa data (1933) no exergo
  1. "Exergo" no Dicionario da RAG e no Portal das Palabras.
  2. "Exergo". En Pereira González , F. (1996).
  3. "Exergo". En Alfaro Asins (2009). Páxina 82.
  4. "A coin and its parts" e "exergue". En Classics & Ancient History. Glossary of termes.
  5. "Exerg". En Glossari. Museu Nacional d'Art de Cataluña.
  6. "Exergo", En Digalego.gal.
  7. "Exergue". En Amandry (2001).
  8. "S. C.". En Stevenson (1889). Páxina 719.
  9. "Exergue or exergum". En Stevenson (1889). Páxina 367.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]