Isaac de Benserade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1613 Lyons-la-Forêt, Francia |
Morte | 10 de outubro de 1691 (77 anos) Gentilly, Francia |
2º Cadeira 7 da Academia Francesa (pt) | |
9 de abril de 1674 – outubro de 1691 ← Jean Chapelain (pt) – Étienne Pavillon (pt) → | |
Verderer (en) Lyons-la-Forêt | |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, drama, Libreto e ballet |
Ocupación | poeta, coreógrafo, libretista, dramaturgo, escritor |
Membro de | Academia Francesa (1674–1691) |
Movemento | Libertinagem erudita (pt) e Preciosismo (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Isaac de Benserade, nado o 15 de outubro de 1612 en Lyons-la-Forêt en Normandía e morto o 19 de outubro de 1691 en Gentilly, foi un escritor e dramaturgo francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Poeta e cortesán Isaac de Benserade foi protexido do cardeal Richelieu, do duque de Brézé, de Mazarino e de Lois XIV. Contaba cunha pensión de 600 libras anuais concedida por Richelieu.
Isaac foi, xunto co seu principal rival Vincent Voiture, un preciosista, movemento en voga na época. Estudou teoloxía na Sorbona pero interesouse máis polo teatro. Compuxo ós vinte e tres anos a súa primeira traxedia, Cléopâtre, en 1634 representárase no Hôtel de Bourgogne, a súa primeira comedia Iphis et Iante unha das primeiras obras en Francia en evocar abertamente a homosexualidade feminina.
A fama conseguiuna, en colaboración co músico Michel Lambert compoñendo comedias ballet que se representaban na corte como divertimento. Entre 1651 e 1681 compuxo unha vintena e colaborou con Lully, rivalizando neste dominio con Molière. Nos salóns literarios era, así e todo, apreciado pola súa poesía, o seu soneto Job desatou unha querela entre os seus partidarios, xobelistas entre os que se contaban La Fontaine e Madeleine de Scudéry, e os partidarios de À Uranie de Voiture, os uranistas.
En 1674 foi elixido membro da Académie Française e participou na elaboración do seu dicionario.
Obras
[editar | editar a fonte]- Cléopâtre (1636)
- La Mort d’Achille et la Dispute de ses armes (1637)
- Gustaphe ou l’Heureuse Ambition (1637)
- Iphis et Iante (1637),
- Méléagre (1640)
- Ballet de Cassandre (1647)
- Le Sonnet de Job (1648)
- Ballet des Fêtes de Bacchus (1651)
- Ballet de la Nuit (1653)
- Ballet des Proverbes (1654)
- Ballet des Noces de Pélée et de Thétis (1654)
- Ballet du Temps (1654)
- Ballet des Plaisirs (1655)
- Grand Ballet des Bienvenus (1655)
- Ballet de Psyché (1656)
- Ballet de l’Amour malade (1657
- Ballet royal d’Alcidiane (1658)
- Ballet de la Raillerie (1659)
- Ballet royal de l’Impatience (1661)
- Ballet des Saisons (1661)
- Ballet des Arts (1663)
- Ballet des Amours déguisés (1664)
- Les Plaisirs de l'île enchantée (1664)
- Ballet royal de la Naissance de Vénus (1665)
- Ballet des Muses (1666)
- Ballet royal de Flore (1669)
- Métamorphoses d’Ovide en rondeaux (1676)
- Fables d’Ésope en quatrains (1678)
- Ballet du Triomphe de l’Amour (1681)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Les Œuvres de Monsieur de Bensserade. Première [seconde] partie, París, Charles de Sercy, 1697, 2 vol.
- Isaac de Benserade, Ballets pour Louis XIV, présentés et annotés par Marie-Claude Canova-Green. Tolosa, Société de Littératures classiques, 1997, 2 vol. ISBN 2-908728-17-6.
- Marie-Françoise Chris=tout, Le Ballet de cour au s XVIIe. Xenebra, Minkoff, 1987 ISBN 2-8266-0812-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Le meilleur de Monsieur de Benserade Arquivado 13 de maio de 2021 en Wayback Machine.
- Ses œuvres et leurs représentations sur le site CÉSAR
- Dictionnaire des théâtres de Léris (1763)
- Dictionnaire des théâtres dor irmáns Parfaict (1767)
- Bibliothèque des théâtres de Maupoint (1733)
- Benserade, Isaac de (1698). Oeuvres. 1. En Gallica (en francés).
- Benserade, Isaac de (1698). Oeuvres. 2. En Gallica (en francés).