[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

El pisito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El pisito
Ficha técnica
Título orixinalEl pisito
DirectorMarco Ferreri
GuiónRafael Azcona
Marco Ferreri
IntérpretesMary Carrillo
José Luis López Vázquez
Concha López Silva
María Luisa Ponte
Chus Lampreave
MúsicaFederico Contreras
FotografíaFrancisco Sempere
MontaxeJosé Antonio Rojo
Estrea1959
Duración75 min.
OrixeEspaña
XéneroDrama, comedia
Na rede
IMDB: tt0052073 Filmaffinity: 717826 Allocine: 3151 Rottentomatoes: m/the-little-flat-el-pisito Allmovie: v283765 Editar o valor en Wikidata

El pisito é un filme español dirixido por Marco Ferreri e estreado o 15 de xuño de 1959. A película está baseada na novela homónima de Rafael Azcona.

No Madrid de finais dos anos cincuenta, Petrita (Mary Carrillo) e Rodolfo (José Luis López Vázquez) son noivos dende hai doce anos, pero non poden casar por falta de medios para adquirir unha vivenda. Petrita, finalmente, encontra unha solución: Rodolfo casará con Doña Martina, unha anciá propietaria dun contrato de alugamento de baixa renda, para logo cando morra herdar o seu alugueiro.