O misterio Galíndez
O misterio Galíndez | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El misterio Galíndez |
Director | Gerardo Herrero |
Guión | Luis Marías Ángeles González-Sinde |
Baseado en | Galíndez de Manuel Vázquez Montalbán |
Intérpretes | Saffron Burrows Harvey Keitel Eduard Fernández Guillermo Toledo |
Música | Patrick Doyle |
Fotografía | Alfredo Mayo |
Estudio | DMVB Films Ensueño Films Greenpoint Films |
Estrea | 26 de setembro de 2003 3 de febreiro de 2012 (TVG) |
Duración | 116 minutos |
Orixe | España Reino Unido Italia Portugal Cuba Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
O misterio Galíndez (en castelán: El misterio Galíndez) é un filme dirixido por Gerardo Herrero que se estreou no 2003. Baséase na novela de Manuel Vázquez Montalbán Galíndez. Estreouse en galego na TVG o 3 de febreiro de 2012.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A finais da década dos 80, Muriel Colbert, unha moza americana, chega a España para traballar na súa tese doutoral sobre Jesús Galíndez, un político independentista vasco exiliado nos Estados Unidos trala Guerra Civil española (1936-1939), e desaparecido en 1956 en estrañas circunstancias. Muriel ponse en contacto cun vello escritor, que lle proporciona información sobre as últimas persoas que viron a Galíndez con vida. Arranca así unha investigación que axiña pasa do ámbito académico ó político, pois os culpables da morte de Galíndez intentarán impedir por tódolos medios que Muriel esclareza e denuncie os feitos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Saffron Burrows como Muriel Colbert
- Harvey Keitel como Edward Robards
- Eduard Fernández como Galíndez
- Guillermo Toledo como Ricardo
- John Furey como Norman Radcliffe
- Reynaldo Miravalles como Don Angelito
- Chete Lera como Diplomático
- Miriam Learra como Rosa
- Carlos Padrón como León María Jara
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O misterio Galíndez na TVG". Diario Siglo XXI. 1 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 20 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)