Echium vulgare
Viborera | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Echium vulgare é unha especie da familia Boraginaceae, de distribución subcosmopolita.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha herbácea que pode ser anual, bienal ou perenne. Durante o primeiro ano forma unha roseta de follas elípticas ou oblongo-lanceoladas de até 25 cm de longo, cubertas de pelos ríxidos. O segundo ano xorden do centro, ou dos lados da roseta, talos erectos de máis de 1 m, pouco ou nada ramificados, tamén cubertos do mesmo tipo de pelos e con follas máis pequenas (uns 9 cm).
A inflorescencia é cimosa, con numerosas flores de cor azul ou azul violácea, que xorden agachadas para endereitarse ao alcanzar a frutificación. Forman un tubo que se ensancha de maneira gradual ao extremo superior onde queda dividido en cinco lóbulos pouco profundos e desiguais. O cáliz está partido en cinco cuarteiróns que chegan preto da base. Os cinco estames teñen filamentos longos de lonxitude desigual e pasan notablemente a garganta da corola. O froito é unha núcula duns 2-3 por 2 mm con algunhas protuberancias na superficie.[2]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É nativa en case toda Europa, e habita desde o nivel do mar até os 2200 m s. n. m. en ribazos, terrapléns de camiños e terreos incultos. Na Península Ibérica está amplamente estendida por todo o territorio. Atópase introducida na maior parte dos Estados Unidos, zonas do norte e sur de África, o sur de Australia e algunhas zonas de Asia oriental.[1]
Fitoquímica
[editar | editar a fonte]Os mucílagos das inflorescencias conteñen alantoína, fructosanos e alcaloides pirrolizidínicos: consolidita, equimidina e heliosupina. Estes alcaloides poden resultar tóxicos.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Echium vulgare foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 1: 139. 1753.[4]
- Citoloxía
Número de cromosomas de Echium vulgare (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: n=16[5]
Echium: nome xenérico que deriva do grego Ekios (víbora), pola forma triangular das sementes que lembran vagamente á cabeza do réptil.
vulgare: epíteto latino que significa "vulgar, común".[6]
- Echium anglicum Huds.
- Echium elegans Noë ex Nyman
- Echium lacaitae Sennen
- Echium laetum Salisb.
- Echium lusitanicum Georgi
- Echium molle Petter ex Rchb.
- Echium monstrosum F.W.Schmidt ex Steud.
- Echium schifferi Lange
- Echium spinescens G.Klotz
- Echium tenoreanum Lacaita
- Echium tuberculatum Gilib. nom.inval.
- Echium vaudense Gremli Synonym
- Echium violaceum Stokes Synonym
- Echium vulgare f. albiflorum R.Hoffm.
- Echium vulgare var. grandiflorum Bertol.
- Echium vulgare var. lacaitae (Sennen) O.Bolòs & Vigo
- Echium wierzbickii Haberle ex Rchb.
Usos
[editar | editar a fonte]Toda a planta ten ou tivo algún uso para o ser humano. Os talos, a diferenza das follas, non son tóxicos, polo que se poden consumir unha vez pelados para eliminar a lanuxe. A raíz utilizábase como tintoreira polo seu contido en tanino. As flores ademais de producir gran cantidade de néctar, atraen ás abellas melíferas pola reflexión ultravioleta da cor azul. Na medicina tradicional utilizábase a infusión de follas secas polas súas propiedades diuréticas e sudoríparas. Con todo, agora que se coñece a súa toxicidade caeu en desuso. As flores aplicábanse en cataplasmas para tratar infeccións cutáneas e como máscaras para peles sensibles.[7] Críase que protexía contra as picaduras de víbora polo parecido do seu froito coa cabeza deste réptil.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Echium vulgare" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ "Echium vulgare" (PDF) (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ "Echium vulgare" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ "Echium vulgare". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de setembro de 2013.
- ↑ Estudios cariológicos de Boraginaceas españolas. II. Echium L. Luque, T. (1984) Lagascalia 13(1): 17-38
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ "Echium vulgare" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ Concepción Obón de Castro, Diego Rivera Núñez (1991). Las plantas medicinales de nuestra región (en castelán). Editora Regional de Murcia. p. 10. ISBN 9788475641300.