Ectoderma superficial
Aparencia
O ectoderma superficial ou ectoderma externo é a capa embrionaria a partir da cal se forman as seguintes estruturas corporais:
- Epiderme da pel (a derme deriva do mesoderma), xunto con glándulas, pelo, e uñas.
- Epitelio da boca e cavidade nasal, glándulas salivares e glándulas da boca e cavidade nasal.
- Esmalte dental (polo contrario, a dentina e a polpa dental fórmanse a partir do ectomesénquima, que deriva do ectoderma).
- Epitelio da pituitaria anterior.
- O cristalino, córnea, glándula lacrimal, glándulas de Meibomio e a conxuntiva do ollo.
- Crista ectodérmica apical que induce o desenvolvemento das xemas que darán lugar ás extremidades no embrión.
- Receptores sensoriais da epiderme.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- https://web.archive.org/web/20071213145329/http://cwx.prenhall.com/bookbind/pubbooks/martini10/chapter18/custom3/deluxe-content.html
- Thomas, Jane Coad with Melvyn Dunstall ; foreword by Meryl (2001). Anatomy and physiology for midwives. Edinburgh ; New York: Mosby. ISBN 0723429790.