Río Dubra
Aparencia
(Redirección desde «Dubra»)
Río Dubra | |
---|---|
País | Galicia |
Nacemento | Montes do Castelo Anxeriz |
Lonxitude | 15 km |
Caudal medio | m³/s |
Desembocadura | Río Tambre |
Cunca do río Tambre marcada en azul escuro | |
O río Dubra é un afluente do Tambre pola súa banda dereita. Nace nos montes do Castelo, na parroquia de Anxeriz (concello de Tordoia). Segue un curso xeral na dirección N-S ó longo da Depresión Meridiana, e desemboca en Portomouro tras percorrer 15 km.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Pode vir do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Tería mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses (Dover), irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[1].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela