[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Denticeps clupeoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Denticipitidae»)

Denticeps clupeoides
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Denticiptoidei
Familia: Denticipitidae
Clausen, 1959[1]
Xénero: Denticeps
Clausen, 1959[1]
Especie: D. clupeoides
Nome binomial
Denticeps clupeoides
Clausen, 1959[1]
Sinonimia
  • Acanthothrissa palimptera Gras, 1961[2]

A dos denticioptoideos (Denticiptoidei) é unha das dúas subordes en que se divide a orde dos clupeiformes (a outra é a dos clupeoideos, que inclúe a case totalidade das especies) e que conta cunha soa familia, a dos denticipítidos (Denticipitidae), que só alberga unha especie Denticeps clupeoides,[1] que vive en augas doces do oeste africano.

Denticeps clupeoides é un peixe de pequeno tamaño (uns 15 centímetros) que se encontra soamente en ríos de Benín, Nixeria e o Camerún. Está relacionado con arenques sardiñas e bocareus, pero destaca pola súa grande aleta anal e as escamas denticuladas da cabeza (ao que alude o nome do xénero).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Deticeps vén do latín denti- (de dentis, xenitivo de dens, "dente") e -ceps (de -capitis, e este de caput "cabeza"), facendo alusión aos dentículos que lle dan á cabeza unha aparencia cas peluda.

O epíteto específico, cupleoides, significa "semellante aos arenques" (de Clupea, nome do xénero dos arenques, e -oides, parecido).

Catacterísticas

[editar | editar a fonte]
  • Aleta dorsal con 8 ou 9 raios brandos, e aleta anal con numerosos raios (de 23 a 27, dada a súa gran lonxitude) que así mesmo son brandos. Non ten raios espiñentos en ningunha das aletas.[3]
  • Liña negra no dorso, desde a cabeza a aleta caudal.
  • Banda delgada escura desde o opérculo até a base da aleta caudal, que se ensancha no pedúnculo caudal.[3]
  • Corpo de coloración prateada con tons verdosos nos flancos, e ventre abrancazado, que se torna a cor amarela agrisada na rexión porterior.[3]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Denticeps clupeoides Clausen, 1959.
  2. Denticipitidae en FishBase.
  3. 3,0 3,1 3,2 Froese, Rainer e Pauly, Daniel, eds. (2011): Denticeps clupeoides en FishBase (en inglés).

Véxase temán

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Greenwood, P. H. (1968): "The osteology and relationships of the Denticipitidae, a family of clupeomorph fishes". Bulletin of the British Museum (Natural History) Zoology, 16: 215-273.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Teugels, G. G. (1990): "Denticipitidae", pp. 95–97. En C. Lévêque, D. Pauly e G. G. Teugels (eds.): Faune des poissons d'eaux douces et saumâtres de l'Afrique de l'Ouest. Tome I. Col. Faune Tropicale n° XXVIII. París: Musée Royal de l'Afrique Centrale, Tervuren e ORSTOM.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]