Definición
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Unha definición é unha proposición (ou conxunto de proposicións) mediante a cal trata de expor de maneira unívoca e con precisión a comprensión dun concepto ou termo ou dicción ou –se consta de dous ou máis palabras– dunha expresión ou locución.
Unha definición é unha descrición dun complexo de estado de cousas ou obxectos, circunstancias ou abstraccións que permanecen unidas por medio dun establecemento da zona de validez.
Desde un punto de vista lóxico, unha "definición" ben construída debería ser unha "determinación ou delimitación conceptual do que é esencial nun ente, que non supón necesariamente comprobación empírica. É tamén, xunto coa división e demostración, un dos procedementos xerais utilizados pola ciencia".
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo definición deriva do caso xenitivo latino dēfĭnītĭōnis: do fin (nominativo dēfĭnītĭo). É dicir, indica delimitación dun límite do significado.
Definicións de definición
[editar | editar a fonte]Unha definición pode ser unha declaración das propiedades de certa cousa ou ben unha declaración de equivalencia entre un termo e o significado dese termo. Termo e significado non son mutuamente exclusivos nin son equivalentes.
Poden distinguirse distintos tipos e técnicas de definición incluíndo:
- Definición lexicolóxica ou de dicionario: o significado do termo en linguaxe común, o máis sinxelo posible para chegar á máxima audiencia. Hai que notar que unha definición lexical é basicamente descritiva,(informando do uso do termo entre os falantes dun idioma) e non prescritiva (trata de sinalar que é o "correcto" sen considerar o uso real que se fai do termo). As definicións lexicolóxicas tenden a ser inclusivas, tratando de captar todo ao que se aplica o termo, polo que a miúdo resultas demasiado nugallás para moitos propósitos.
- Definición intensional: É unha definición que unicamente proporciona tódalas propiedades que require un obxecto para caer dentro do campo da palabra definida.
- Definición extensiva ou extensional: Dá o significado dun termo listando todo o que cae dentro da definición. Por exemplo. Unha definición extensional da palabra "océano" sería unha lista de tódolos océanos da Terra.
- Definición ostensiva: Define un termo sinalando exemplos do que é definido. Emprégase cando resulta difícil atopar palabras descritivas ou cando se fai para nenos, por exemplo: unha definición ostensiva de "vermello" sería mencionar ou sinalar mazás, sinais de tráfico vermellas, rosas vermellas. Os nenos aprenden gran parte da súa linguaxe dunha forma ostensiva. As definicións ostensivas tenden a ser imprecisas, e non moi útiles cando un non coñece a natureza xeral do termo definido.
- Definición estipulativa: É un tipo de definición na cal un termo novo ou ben xa preexistente se lle dá un novo significado para os propósitos dun argumento ou unha discusión nun contexto dado.
- Moitos defensores de opinións controvertidas ou belixerantes utilizan definicións estipulativas para vincular connotacións emocionais ou doutro tipo ao significado que desexarían que a definición tivese.
- Definición operacional: As definicións operacionais son particularmente útiles en mecánica cuántica, física estatística ou relatividade. Faise unha definición operacional dunha cantidade referindo o proceso específico polo que se obtén a súa medición. En física empréganse nas definicións relacionadas con temperatura, masa ou tempo e outras magnitudes. En psicoloxía, por exemplo, pódese necesitar unha definición operacional para definir o concepto "intelixente", "debilidade mental" ou "idiocia". É necesario recorrer ás cifras do Coeficiente intelectual.
- Definición teorética: Unha definición teorética dá o significado dunha palabra nos termos das teorías dunha determinada disciplina. Este tipo de definición asume o coñecemento e a aceptación da teoría da que depende. As definicións teoréticas son comúns en contextos científicos, onde as teorías tenden a estar máis precisamente definidas e os resultados son máis amplamente aceptados como correctos, por exemplo: definir as cores por medio das lonxitudes de onda que reflicten os obxectos, preasume a teoría ondulatoria da luz. Nestes casos a definición é improbable que sexa contradita por outra definición baseada noutra teoría. Así a todo, en áreas como a filosofía ou as ciencias sociais as definicións teoréticas dun concepto contradinse frecuentemente. Por exemplo: o concepto de "dialecto" é diferente dependendo se se define dende unha base antropolóxica ou filolóxica. A definición de "Idioma Valenciano" é diferente se se asume a teoría da unidade da lingua catalá ou se se asume a teoría da independencia do valenciano.
- Definición persuasiva: É unha definición que trata de ser un argumento a favor dunha posición determinada, (en oposición dunha definición lexicolóxica, que trata de ser neutral para ser utilizada por tódalas persoas posibles). Como tal, cando unha definición se recoñece como persuasiva deixa de aceptarse como lexítima, e frecuentemente é considerada como falaz. Por exemplo. Ambrose Bierce incluíu enormes cantidades de definicións persuasivas no seu "dicionario do diaño", como Costas: Parte do corpo dun amigo que un ten o privilexio de contemplar na adversidade.
- Definición por xénero e diferenza: É un tipo de definición intensional na cal se define primeiro o xénero a que pertence o obxecto ou idea a definir e despois se mencionan as diferenzas da especie, (non necesariamente zoolóxica) definida con respecto a outras especies do mesmo xénero. Aínda que parece limitarse á taxonomía en realidade faise en moitas definicións da vida diaria: Por exemplo. Cupé: automóbil de dous volumes, un dianteiro para o motor e un traseiro para a pasaxe e a equipaxe". Primeiro especifícase que pertence ao xénero automóbil e despois menciónanse as características particulares dos cupés.
- Definición circular
- Definición precisadora: As definicións precisadoras utilízanse en contextos onde a vaguidade dunha definición lexicolóxica sería un problema. Por exemplo: Moitas definicións legais son definicións precisadoras, así como as políticas das compañías. Diferénciase da definición estipulativa en que a definición precisadora non pode contradicir a definición lexical, e a definición estipulativa si pode facelo. Por exemplo. Unha definición lexical de "estudante" podería ser "persoa que estuda". Pero un museo que aplica descontos aos estudantes necesitaría uns criterios moito máis precisos e restritivos nesta definición sendo algo parecido a "Persoa de idade inferior a 18 anos matriculada nun colexio público ou privado"
Regras da definición
[editar | editar a fonte]As principais regras das definicións remóntanse a Aristóteles:
- Un concepto será definido por medio da maior aproximación posible á súa tipificación, (de xénero e especie), e diferenciación.
- A diferenciación debe ser unha característica ou grupo de características que estean presentes unicamente no concepto definido e que non estean presentes noutros conceptos pertencentes ao mesmo xénero ou especie.
- Unha definición debe ser apropiada, nin demasiado ampla nin demasiado estreita ou axustada.
- Unha definición non pode conter razoamentos ou conclusións circulares.
- Unha definición non debe conter contradicións lóxicas.
- Unha definición non debe ter unicamente enunciados negativos.
- Unha definición non debe conter ambigüidades.
Requisitos ou esixencias dunha definición científica
[editar | editar a fonte]- O número de posibilidades de interpretación diferentes debe ser o máis reducido posible.
- Así a todo, unha definición debe ser tan sinxela como sexa posible.
- Unha definición non debe conter, se é posible, ningunha regra de excepción.