[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dear Evan Hansen (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dear Evan Hansen
Ficha técnica
Título orixinalDear Evan Hansen
DirectorStephen Chbosky
Produtor
GuiónSteven Levenson
Baseado enDear Evan Hansen de Steven Levenson
Benj Pasek
Justin Paul
Intérpretes
Música
FotografíaBrandon Trost
MontaxeAnne McCabe
Estudio
DistribuidoraUniversal Pictures
EstreaFestival de Toronto: 9 de setembro de 2021
24 de setembro de 2021
Duración137 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical
Orzamento27–28 millóns de dólares[2]
Recadación19 millóns de dólares[3]
Na rede
https://www.dehmovie.com/
IMDB: tt9357050 Filmaffinity: 630707 Allocine: 270086 Rottentomatoes: m/dear_evan_hansen Allmovie: am219226 Metacritic: movie/dear-evan-hansen
Facebook: dearevanhansenmovie Twitter: dehmovie Instagram: dearevanhansenmovie Editar o valor en Wikidata

Dear Evan Hansen é un filme musical estadounidense dirixido por Stephen Chbosky e adaptado á pantalla por Steven Levenson a partir do guión do musical homónimo. Está producido por Universal Pictures, e protagonizado por Ben Platt, quen repite o seu papel do musical.[4][5][6] O elenco do filme tamén inclúe a Kaitlyn Dever, Amandla Stenberg, Nik Dodani, Colton Ryan, Danny Pino, Julianne Moore e Amy Adams. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de setembro de 2021.[7]

Evan Hansen (Ben Platt), que está no último ano de instituto, é o típico mozo que sempre se mantén á marxe e pasa totalmente desapercibido entre os seus compañeiros. Connor Murphy (Colton Ryan), un mozo solitario e inestable, faise cunha carta de motivación e inspiración que Evan escribiu para si mesmo. Cynthia, a nai de Connor (Amy Adams) e o seu padrasto descobren a carta cando o mozo se suicida. O contido da carta failles pensar que Connor atopara un amigo. Para consolar á aflixida familia, Evan invéntase unha amizade que nunca existiu.

O que empezou como unha mentira piadosa toma un rumbo totalmente inesperado pillando por sorpresa a Evan. A medida que todos empezan a tomalo por alguén que non é, Evan esfórzase en reunir o valor suficiente para contar a verdade e ser visto como realmente é.

Actor Personaxe
Ben Platt Evan Hansen[8]
Kaitlyn Dever Zoe Murphy[9]
Amandla Stenberg Alana Beck[10]
Nik Dodani Jared Kleinman[11]
Colton Ryan Connor Murphy[11]
Danny Pino Larry Murphy[12]
Amy Adams Cynthia Murphy[13]
Julianne Moore Heidi Hansen[14]

Produción

[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Universal Pictures comprou os dereitos cinematográficos do musical en novembro de 2018, contratando a Stephen Chbosky como director, e o escritor do musical Steven Levenson tamén se puxo a escribir o guión do filme.[15] Marc Platt e Adam Siegel actuarían como produtores, mentres que os compositores Benj Pasek e Justin Paul do programa actuarían como produtores executivos xunto a Levenson e Michael Bederman.[16]

Preprodución

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2020, esperábase que Ben Platt, quen interpretou orixinalmente o papel de Evan Hansen no musical, repetise o seu papel para o filme, e Kaitlyn Dever entrou en negociacións para interpretar tamén a Zoe Murphy.[9] O 18 de xuño de 2020, Platt dixo que tiña a intención de repetir o papel a menos que a pandemia de COVID-19 llo impedise.[17] Stephen Chbosky explicou que o obxectivo principal do filme era capturar e inmortalizar a actuación de Platt, afirmando que a súa comprensión do personaxe era bastante completa e profunda e que «non podía imaxinarme a ninguén máis interpretándoo».[18]

En agosto de 2020, Kaitlyn Dever foi elixida oficialmente como Zoe Murphy e Amandla Stenberg uniuse ao elenco como Alana Beck.[10] Ese mesmo mes, Nik Dodani e Colton Ryan uníronse ao elenco do filme como Jared Kleinman e Connor Murphy, respectivamente, o último dos cales repetiu o papel que interpretou como suplente en Broadway.[11] Ao final dese mes informouse que Amy Adams e Danny Pino íanse unir ao elenco interpretando a Cynthia e Larry Murphy respectivamente.[13][12]

O 25 de agosto de 2020, Ben Platt confirmou que comezara a rodaxe do filme.[8] A filmación do elenco principal rodouse nos Ánxeles e Atlanta, e esperábase que se levase a cabo entre setembro e novembro.[19] O 15 de decembro de 2020, a presidenta de Universal Filmed Entertainment Group, Donna Langley, confirmou que o filme remataría a produción ese mes.[20]

Banda sonora

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2020, confirmouse que Amandla Stenberg colaboraría coa escritura dunha nova canción para o seu personaxe.[10] O 18 de maio de 2021, lanzouse a páxina web oficial do filme e confirmouse que se incluirían as cancións «You Will Be Found», «Waving Through a Window», «For Forever» e «Words Fail».[21] O mesmo día, Ben Platt declarou nunha entrevista con Vanity Fair que «todos os ritmos principais e todas as cancións favoritas están intactas» no filme con respecto ao musical.[18]

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

O primeiro avance do filme lanzouse o 18 de maio de 2021.[22] Estreouse en cinemas o 24 de setembro de 2021.[7]

Recepción

[editar | editar a fonte]

No agregador de recensións Rotten Tomatoes, obtivo unha cualificación media de 4.80/10 baseado en 250 recensións. O consenso dos críticos di: «Dear Evan Hansen fai un bo traballo ao capturar a emoción do seu material orixinal, pero vese socavado por un elenco cuestionable e unha historia que é difícil de asimilar».[23] En Metacritic, o filme ten unha puntuación media ponderada de 39 sobre 100 baseado en 48 recensións críticas, o que indica «críticas xeralmente desfavorables».[24]

  1. "Dear Evan Hansen". Toronto International Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2021. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  2. Rubin, Rebecca (22 de setembro de 2021). "Can 'Dear Evan Hansen' Dethrone Reigning Box Office Champ 'Shang-Chi'?". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  3. BoxOfficeMojo (ed.). "Dear Evan Hansen (2021)". Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  4. "El exitoso musical de Broadway “Dear Evan Hansen” llega en septiembre a la gran pantalla" (en castelán). 19 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-28. 
  5. "'Dear Evan Hansen': Emotivo tráiler de la adaptación del musical de Broadway" (en castelán). 2021-05-19. Consultado o 2021-05-28. 
  6. Barría, Fabián (2021-05-18). "No podrás dejar de llorar con este tráiler: Dear Evan Hansen, la película que emocionará al más rudo" (en castelán). Consultado o 2021-05-28. 
  7. 7,0 7,1 Pedersen, Erik (2021-01-29). "Universal’s ‘Dear Evan Hansen’ Pic Gets Theatrical Release Date" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  8. 8,0 8,1 Douglas, Edward (2020-08-06). "Back to Work: TV Production Resumes in Some Cities" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  9. 9,0 9,1 Fleming Jr., Mike (2020-06-11). "Kaitlyn Dever In Talks For Universal Movie Adaptation Of ‘Dear Evan Hansen’" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Galuppo, Mia (2020-08-17). "Amandla Stenberg Joins Universal Musical Adaptation ‘Dear Evan Hansen’" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Kroll, Justin (2020-08-19). "Nik Dodani and Colton Ryan Join Universal’s ‘Dear Evan Hansen’ Adaptation" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  12. 12,0 12,1 Kroll, Justin (2020-08-28). "‘Mayans’ Danny Pino Joins ‘Dear Evan Hansen’ Movie At Universal" (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  13. 13,0 13,1 Kit, Borys (2020-08-28). "Amy Adams Joins Universal’s ‘Dear Evan Hansen’ Musical" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  14. "Julianne Moore se une a Amy Adams en la adaptación del musical Dear Evan Hansen". 2020-09-02. Consultado o 2021-05-31. 
  15. Busch, Anita (2018-11-29). "Tony Award-Winning Musical ‘Dear Evan Hansen’ Will Be Universal Pictures, Marc Platt Film; ‘Wonder’s Stephen Chbosky May Direct" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  16. Welk, Brian (2018-11-29). "'Dear Evan Hansen' Stage Musical to Become Universal Film" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  17. Nepales, Ruben V. (2020-06-18). "Ben Platt talks about ‘Dear Evan Hansen’ film, boyfriend Noah Galvin and ‘The Politician’ highlight" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  18. 18,0 18,1 Breznican, Anthony. "‘Dear Evan Hansen’ Trailer: Ben Platt on Going Back to High School, One Last Time" (en inglés). Consultado o 2021-05-28. 
  19. Harvey, Alec (2020-10-02). "Birmingham’s DeMarius Copes, cast in ‘Dear Evan Hansen’ movie, on his trek to Broadway and Hollywood" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-05-29. 
  20. Kay, Jeremy (15 de decembro de 2020). "The Centrepiece interview: Universal’s Donna Langley talks PVoD alliances, remounting ‘Jurassic World 3’ and the studio’s 2021 plans" (en inglés). Consultado o 2021-05-29. 
  21. Loser, Jorge (2021-05-19). "Emocionante tráiler para ‘Dear Evan Hansen’, la adaptación del célebre musical de Broadway de los creadores de 'La La Land'" (en castelán). Consultado o 2021-05-29. 
  22. Kelly, Emma (2021-05-19). "People are discovering what the plot of Dear Evan Hansen is and it is a lot" (en inglés). Consultado o 2021-05-31. 
  23. "Dear Evan Hansen" (en inglés). 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  24. "Dear Evan Hansen reviews - Metacritic" (en inglés). 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]