Gustave Kahn
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1859 Metz, Francia |
Morte | 5 de setembro de 1936 (76 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Educación | École des chartes (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, crítico literario, escritor, historiador da arte |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
Gustave Kahn, nado en Metz o 21 de decembro de 1859 e finado en París o 5 de setembro de 1936, foi un crítico e teórico literario francés. Foi á súa vez un dos últimos representantes do movemento simbolista, ao que se adicou tamén na poesía. Considerouse a si mesmo coma o inventor do verso libre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras facer estudos de Historia na École nationale des chartes, viaxou pola África do Norte francesa durante catro anos, ata que se instalou en París de xeito definitivo en 1884. Ao longo da súa vida publicou unha gran cantidade de obras que abordarían tódolos xéneros, porén é esencialmente coñecido polos seus poemarios e por unha historia do movemento simbolista que escribiu, As orixes do simbolismo. Traballou para varios periódicos e interesouse por moitos ideais minoritarios coma o feminismo, o anarquismo, o sionismo ou o socialismo. Sería con Les Palais nomades (Os palacios nómades), de estética próxima ao surrealismo, cando se autoproclamou como creador do verso libre ao ser este un dos primeiros compostos maioritariamente mediante esta estética. Tralo seu falecemento o 5 de setembro de 1936 enterrouse no cemiterio do Montparnasse.
Obras
[editar | editar a fonte]- Les Palais nomades (1887)
- Chansons d’amant (1891)
- Domaine de fée (1895)
- La Pluie et le beau temps (1896)
- Limbes de lumières (1897)
- Le Livre d’images (1897)
- Premiers poèmes (1897)
- Le Conte de l’or et du silence (1898)
- Les Petites Âmes pressées (1898)
- Le Cirque solaire (1898)
- Les Fleurs de la passion (1900)
- L’Esthétique de la rue (1901)
- L’Adultère sentimental (1902)
- Symbolistes et Décadents (1902)
- Odes de la Raison (1902)
- Contes hollandais (1903)
- La Femme dans la caricature française (1907)
- Contes hollandais (1908)
- La Pépinière du Luxembourg (1923)
- L’Aube enamourée (1925)
- Mourle (1925)
- Silhouettes littéraires (1925)
- La Childebert (1926)
- Contes juifs (1926)
- Images bibliques (1929)
- Terre d’Israël (1933)
- Les Origines du symbolisme (1936)