[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gualdim Pais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGualdim Pais

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1118 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Amares, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 1195 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Tomar, Portugal Editar o valor en Wikidata
Mestre provincial da Ordem do Temple
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Orde relixiosaOrde dos templarios Editar o valor en Wikidata

Gualdim Pais, nado en Amares en 1118 e finado en Tomar en 1195, foi un cruzado portugués, Frade Templario e Cabaleiro de Afonso I de Portugal (1128-1185). Foi o fundador da cidade de Tomar.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Fillo de Paio Ramires e de Gontrode Soares, foi criado no Mosteiro de Santa Cruz de Coímbra e ficou moi cedo ó servizo do futuro Rei, D. Afonso Henriques, combatendo a carón dos seus irmáns de armas, os cabaleiros Mem Ramires e Martim Moniz, en todas as batallas contra os mouros para conquistar o reino. Foi ordenado Cabaleiro polo soberano na Batalla de Ourique (1139).

Partiu despois para o Reino de Xerusalém, na Palestina, onde militou durante cinco anos como Cabaleiro da Orde dos Templarios, participando no cerco á cidade de Jafa.

Ó retornar, foi ordenado como cuarto Gran-Mestre da Orde en Portugal (1157), entón situado en Soure, onde tiñan castelo dende 1128 (Castelo de Soure) por doazón de D. Teresa. Fundou, nesa cualidade, o Castelo de Tomar e o Convento de Cristo (1160), que se converteu o Cuartel-Xeral dos Templarios en territorio portugués, dando foral á nova vila no ano de 1162.

Tamén fundou o Castelo de Almourol, o de Idanha, o de Monsanto e o de Pombal. Deu foral a Pombal en 1174.

Cercado en 1190 en Tomar polas forzas do Imperio almohade baixo o mando do Califa Abu Yusuf Ya'qub al-Mansur, conseguiu defender o Castelo contra un efectivo numericamente superior, detendo así a invasión do norte do Reino de Portugal por esta parte.

Faleceu en Tomar no ano de 1195, e alí atópase sepultado, na Igrexa de Santa María dos Olivais.