GraphQL
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
GraphQL é unha linguaxe de consulta de APIs creada por Facebook en 2012 e liberado en 2015.
Características
[editar | editar a fonte]É unha alternativa a REST que usa un sistema forte de tipos para describir as funcionalidades dunha API. GraphQL describe os recursos mediante un esquema (escrito nunha linguaxe propia chamada SDL) que define:
- Tipos de datos e as relacións entre eles.
- Unha serie de operacións, entre as que destacan as Consultas (Queries) para a lectura de datos, e os Modificadores (Mutations) para crear, modificar e borrar datos, os solucionadores (Resolvers) e os manexadores de erros.
Tipos
[editar | editar a fonte]Definen as entidades a consultar ou modificar, os seus atributos e as relacións con outros tipos. En SDL identifícanse pola palabra type:
type Query {
hero: Character
}
type Character {
name: String
friends: [Character]
homeWorld: Planet
species: Species
}
type Planet {
name: String
climate: String
}
type Species {
name: String
lifespan: Int
origin: Planet
}
Operacións
[editar | editar a fonte]As operacións (consultas e modificadores) tamén son tipos, e os seus atributos declaran as operacións dispoñibles. Así que ó realizar unha consulta débese especificar os atributos de retorno. A vantaxe de GraphQL é que se pode navegar pola información asociada á consulta, o que proporciona maior flexibilidade á hora de definir APIs.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GraphQL | A query language for your API". graphql.org. Consultado o 2020-12-11.