Gran Reserva
Gran Reserva | |
---|---|
Formato | Drama-Suspense |
Creado por | Ramón Campos Gema R. Neira |
Intérpretes | Emilio Gutiérrez Caba Ángela Molina Tristán Ulloa Paula Echevarría Francesc Garrido Ana Risueño Aitor Luna Belén Fabra Armando del Río Ricard Sales Luisa Martín Gloria Muñoz Álvaro de Luna Marta Belmonte Alejandra Lorente |
País de orixe | España |
Episodios | 23 (ata 2/6/11) |
Produción | |
Duración | 70-75 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | La 1 |
Primeiro episodio | 15 de abril de 2010 |
Derradeiro episodio | actualidade |
Na rede | |
http://www.rtve.es/television/gran-reserva/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gran Reserva é unha serie de televisión española producida por Bambú Producciones para La 1 de Televisión Española, estreada o 15 de abril de 2010.
Rodada e ambientada na campiña rioxana, céntrase no mundo do viño como negocio e dedicación familiar de dous clans tradicionalmente enfrontados.[1]
A segunda tempada da serie emitiuse entre o 24 de marzo e o 23 de xuño de 2011. A terceira comezou o 7 de xaneiro e finalizou o 8 de abril de 2013. A partir do 15 de abril de 2013 emítese El pago de los Cortázar, tres capítulos especiais que continúan a terceira tempada.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Gran Reserva é unha mestura de melodrama e suspense. Unha historia familiar que vira ao redor de dúas familias de adegueiros rioxanos: os Cortázar, representados polo seu patriarca Don Vicente, que consideran o viño como un lucrativo negocio, e os Reverte, encabezados por Dona Sofía, que cren que a viña e a terra son unha forma de vida. A pesar das diferenzas, ambas as familias viven nun equilibrio que rompe de forma drástica cando alguén intenta asasinar a Miguel, o primoxénito dos Cortázar.[2]
Elenco
[editar | editar a fonte]Os Cortázar
[editar | editar a fonte]- Emilio Gutiérrez Caba como Don Vicente Cortázar, presidente honorario das adegas e pai de Miguel, Pablo, Raúl e Emma. (T1-¿?)
- Gloria Muñoz como Rosalía Ortiz de Cortázar, muller de Vicente desaparecida durante anos. É nai de Miguel, Raúl e Emma. (T2-¿?)
- Tristán Ulloa como Miguel Cortázar, primoxénito e xerente da empresa. (T1-¿?)
- Francesc Garrido como Pablo Cortazar, enólogo e fillo ilexítimo. (T1-¿?)
- Ana Risueño como Emma Cortázar, directora do Departamento de Vendas. (T1-¿?)
- Aitor Luna como Raúl Cortázar, ex directivo de Recursos Humanos e mozo díscolo. (T1-¿?)
- Aitana Garrido como María Campa, filla de Sara e despois adoptada por Pablo. O seu pai biolóxico é Miguel Cortázar, aínda que non a recoñeceu como tal. (T2-¿?)
- Unax Ugalde como Carlos, fillo que Rosalía tivo con outro home durante os anos que estivo afastada da súa familia. (T3-¿?)
Os Reverte
[editar | editar a fonte]- Ángela Molina como Sofía Reverte, viúva de Don Jesús e matriarca dos Reverte. Nai de Lucía e Daniel. (T1-¿?)
- Paula Echevarría como Lucía Reverte, filla de Sofía e Don Jesús e irmá de Daniel. (T1-¿?)
- Ricard Sales como Daniel Reverte, fillo de Sofía e Don Jesús e irmán de Lucía. (T1-¿?)
- Manuel Galiana como Adolfo Reverte, irmán máis novo de Jesús Reverte. (T3-¿?)
Secundarios
[editar | editar a fonte]- Belén Fabra como Paula Muro, ex muller de Miguel. (T1-¿?)
- Luisa Martín como agente Isabel Ortega, policía local. (T1-¿?)
- Alejandra Lorente como Sara Gracián, ex-esposa de Pablo e nai ilexítima de María, froito dunha relación con Miguel Cortázar. (T1-¿?)
- Armando del Río como Gustavo Arístides, ex-esposo de Emma e enxeñeiro agrónomo das adegas. (T1-¿?)
- Marta Belmonte como Nuria Asensi, filla de Asensi. (T2-¿?)
- Úrsula Corberó como Laura, unha avogada que chega a Lasiesta. Noiva de Daniel Reverte (T3-¿?)
- Álvaro de Luna como Agustín Asensi, presidente do Consello Regulador da Rioxa. (T2-¿?)
- César Sánchez como Señor Agüero, empresario en viño. (T1-¿?)
- Mariam Hernández como Ana Garcés, irmá de Lorena, a noiva falecida de Daniel. (T3 -¿?)
- Mariona Tena como Mar, a nova enóloga das adegas Cortázar. (T3-¿?)
Antigos e falecidos
[editar | editar a fonte]- Carlos Álvarez-Novoa como Don Jesús †, marido de Sofía e pai de Lucía e Daniel. O seu asasinato é un misterio. (T1)
- Mauricio Bautista como Luis Jiménez †, traballador dos Cortázar e asasinado por Raúl. (T1)
- Ángela Cremonte como Paloma Olmedo †, secretaria das adegas e asasinada por Gustavo.
- Ángela Cremonte como Carlota, irmá xemelga de Paloma. (T1-T2)
- Mariana Cordero como Amelia Campa, nai biolóxica de Pablo. (T1)
- Juan Meseguer como Antonio Ricco, avogado (T1-T2)
- María Casal como Mercedes Monsalve, muller do señor Agüero. (T1)
- Lucía Gil como Claudia Cortázar †, filla de Miguel e Paula. Falece nun accidente de tráfico provocado polo seu avó Don Vicente.(T1)
- Francisco Marcus como Sombra †, a sombra de don Vicente e home de confianza. Suicídase. (T1)
- Ramón Madaula como Julián Calvo. (T1-T2)
- José Hervás como El Tuerto †, dono dunhas viñas. Asasinado por Raúl. (T1-T2)
- Empar Ferrer como Isabel, muller do Tuerto. (T1-T2)
- Thaïs Blume como Lorena Garcés †, noiva de Daniel. Falece nun accidente de tráfico. (T2)
- Yon González como Manuel Hernández †, secretario das adegas e ex-noivo de Paloma en busca de vinganza. Asasinado accidentalmente por Emma. (T2)
- Ledicia Sola como Mónica Robledano †, avogada, primeiro dos Cortázar e logo dos Reverte. Aparentemente, suicídase. (T1-T2)
- Cristóbal Crespo como Alfonso Montoro †, fillo dun traballador das viñas, foi darlle un recado e morreu atropelado por Don Vicente. (T2)
Escenarios
[editar | editar a fonte]Parte da rodaxe levouse a cabo na localidade rioxana de Briones, sendo nomeada na serie como Lasiesta.[3] Boa parte dos interiores foron rodados en Madrid e nun grande escenario de 1500 m³ que reproduce as adegas dos Cortázar e os Reverte. Outros exteriores foron rodados en Segovia e Chinchón.[3]
Capítulos e audiencias
[editar | editar a fonte]Capítulo | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
1 | Encuentro con el pasado | 15 de abril de 2010 | 4 041 000 | 20,9% |
2 | Todos ocultan algo | 22 de abril de 2010 | 3 991 000 | 21,0% |
3 | La primera sospecha | 29 de abril de 2010 | 3 617 000 | 18,4% |
4 | Más unidos que nunca | 6 de maio de 2010 | 3 997 000 | 20,4% |
5 | Polos opuestos | 13 de maio de 2010 | 3 914 000 | 20,2% |
6 | Inhabilitación | 20 de maio de 2010 | 3 982 000 | 21,2% |
7 | Al descubierto | 27 de maio de 2010 | 4 234 000 | 22,5% |
8 | Al acecho | 3 de xuño de 2010 | 3 812 000 | 21,2% |
9 | Acorralados | 10 de xuño de 2010 | 4 266 000 | 22,8% |
10 | En el punto de mira | 17 de xuño de 2010 | 4 051 000 | 21,8% |
11 | Evidencias | 24 de xuño de 2010 | 3 759 000 | 21,7% |
12 | Se cierra el círculo | 1 de xullo de 2010 | 3 586 000 | 21,2% |
13 | Verdad | 8 de xullo de 2010 | 3 746 000 | 23,5% |
SEGUNDA TEMPADA | ||||
14 | Rehacer la vida | 24 de marzo de 2011 | 3 772 000 | 19,1% |
15 | Denominación de origen | 31 de marzo de 2011 | 3 636 000 | 18,7% |
16 | Las cosas que jamás contaremos | 7 de abril de 2011 | 3 547 000 | 18,2% |
17 | La coartada perfecta | 14 de abril de 2011 | 3 479 000 | 18,8% |
18 | La vendimia | 28 de abril de 2011 | 3 548 000 | 18,4% |
19 | El poder del dinero | 5 de maio de 2011 | 3 334 000 | 15,7% |
20 | El regreso menos esperado | 12 de maio de 2011 | 3 516 000 | 18,0% |
21 | La primera batalla | 19 de maio de 2011 | 3 435 000 | 17,7% |
22 | Un secreto desenterrado | 26 de maio de 2011 | 3 564 000 | 18,3% |
23 | La distancia no es siempre la solución | 2 de xuño de 2011 | 3 715 000 | 19,4% |
24 | El pasado siempre vuelve | 9 de xuño de 2011 | 3 709 000 | 19,2% |
25 | Mientras estemos juntos | 16 de xuño de 2011 | 3 329 000 | 17,8% |
26 | Cuando menos te lo esperas | 23 de xuño de 2011 | 2 831 000 | 19,8% |
TERCEIRA TEMPADA | ||||
27 | El punto de retorno | 7 de xaneiro de 2013 | 2 907 000 | 14,6% |
28 | El lado malo de las cosas | 14 de xaneiro de 2013 | 2 698 000 | 13,0% |
29 | Si de verdad me quieres... | 21 de xaneiro de 2013 | 2 931 000 | 13,9% |
30 | Lo que queda por hacer | 28 de xaneiro de 2013 | 2 863 000 | 13,6% |
31 | Pero si tú me olvidas | 4 de febreiro de 2013 | 2 882 000 | 13,7% |
32 | La naturaleza del escorpión | 11 de febreiro de 2013 | 2 519 000 | 11,7% |
33 | La naturaleza del escorpión | 11 de febreiro de 2013 | 3 072 000 | 14,9% |
34 | Excentridades | 25 de febreiro de 2013 | 2 694 000 | 13,1% |
35 | Lo que la muerte la depare | 4 de marzo de 2013 | 2 707 000 | 12,7% |
36 | Encuentros y desencuentros | 11 de marzo de 2013 | 2 706 000 | 13,3% |
37 | De la misma sangre | 18 de marzo de 2013 | 2 754 000 | 13,4% |
38 | Ayer no existe, mañana tampoco | 1 de abril de 2013 | 2 469 000 | 12,2% |
39 | Dónde hubo fuego y habrá cenizas | 8 de abril de 2013 | 2 792 000 | 13,6% |
EL PAGO DE LOS CORTÁZAR | ||||
40 | Con el paso del tiempo | 15 de abril de 2013 | 2 803 000 | 13,9% |
41 | Del olor del vino y la madera | 22 de abril de 2013 | 2 731 000 | 13,5% |
42 | Lo que una vez tuvimos y perdimos | 29 de abril de 2013 | 2 814 000 | 14,2% |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor actor de serie | Emilio Gutiérrez Caba | Gañador |
Mellor actriz de serie | Paula Echevarría | Nomeada | |
Mellor director de fotografía e iluminador | Jacobo Martínez | Nomeado |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor intérprete masculino en ficción nacional | Emilio Gutiérrez Caba | Gañador |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor actor secundario de televisión | Aitor Luna | Gañador |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2010 | Premio 'Pasión de Críticos' ao Mellor produto do ano | Gañador[4] |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2011 | Premio á Mellor idea orixinal e Calidade artística | Gañadora[5] |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actriz | Ángela Molina | Gañadora |
2010 | Mellor serie | Nomeada[6] | |
Mellor actor | Emilio Gutiérrez Caba | Gañador[7] | |
Mellor actriz | Paula Echevarría | Nomeada |
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor guión de serie de TV | Nomeado[8] |
- Premios Punto Radio La Rioja
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2010 | Mellor serie de televisión | Gañadora[9] |
- Festival Seoul International Drama Awards
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2012 | Mellor serie | Nomeada[10] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La 1 descorcha su 'Gran Reserva', la gran apuesta de ficción para 2010.
- ↑ 'Gran Reserva', a nova aposta de TVE pola ficción de calidade.
- ↑ 3,0 3,1 "Briones é Lasiesta de 'Gran Reserva'". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2013.
- ↑ 'Gran reserva', galardoada polos críticos
- ↑ 'Gran reserva' galardoada no II Festival de Cine e Televisión Reino de León 2011
- ↑ 'Gran reserva' competirá polo Premio Zapping o 17 de febreiro de 2011
- ↑ Emilio Gutiérrez Caba gaña o premio Zapping 2010
- ↑ 'Gran reserva' nomeada nos Premios ALMA 2010
- ↑ 'Gran Reserva', mellor serie de televisión do ano nos Premios Punto Radio La Rioja 2010
- ↑ 'Gran Reserva' e 'El Ángel de Budapest', de TVE, finalistas nos Seoul International Drama Awards 2012