[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Globo terrestre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Globo terráqueo»)



Globo terrestre.

Un globo terrestre[1] ou unha esfera terrestre[2] é un modelo a escala tridimensional da Terra, sendo a única representación xeográfica que non sofre distorsión. Se ben a Terra é o planeta máis frecuentemente representado, existen modelos do Sol, a Lúa e varios outros planetas, incluíndo algúns ficticios.

Características

[editar | editar a fonte]

Os globos terrestres adoitan montarse nun soporte en ángulo, o que os fai máis doado de usar representando ao mesmo tempo o ángulo do planeta en relación ao sol e ao seu propio xiro. Isto permite visualizar doadamente como cambian os días e as estacións.

O primeiro globo terrestre, chamado Globo Terrestre de Nürnberg, foi fabricado durante os anos 1490-1492 polo cartógrafo alemán Martin Behaim.

Un globo terrestre ten ás veces relevo, mostrando a topografía. Adóitase usar unha escala esaxerada para o relevo, de forma que resulte visíbel.

A meirande parte dos globos terrestres modernos inclúen tamén paralelos e meridianos, de xeito que se poida localizar unha situación na superficie do planeta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Globo terrestre.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Esfera terrestre.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]