Genoa Cricket and Football Club
Genoa | |||
---|---|---|---|
Nome | Genoa Cricket and Football Club | ||
Alcume(s) | Grifone, Grifo, Zena, Zeneize, Vecchio Balordo | ||
Fundación | 7 de setembro de 1893 (131 anos) | ||
Estadio | Estadio Luigi Ferraris Xénova, Italia | ||
Inauguración | 22 de xaneiro de 1911 | ||
Capacidade | 36.536 | ||
Propietario | Concello de Xénova | ||
Presidente | Enrico Preziosi | ||
Adestrador | Nabaz Sahin | ||
Liga | Serie A | ||
2022-2023 | 2.º, Serie B | ||
Vestimenta | Asics | ||
Patrocinador | iZi play | ||
Na rede | |||
http://www.genoacfc.it/ | |||
| |||
O Genoa Cricket and Football Club, ou simplemente Genoa, é unha entidade deportiva italiana da cidade de Xénova, en Liguria, fundada o 7 de setembro de 1893. Ó longo da súa historia gañou 9 veces o Scudetto e 1 vez a Coppa Italia. O equipo compite na edición 2011-12 da Serie A.
O Genoa CFC disputa os seus encontros como local no Estadio Luigi Ferraris, un recinto con capacidade para acoller a 36.536 seareiros, que comparte co seu veciño e máximo rival, o UC Sampdoria, co cal disputa o denominado Derbi della Lanterna.
A entidade ten outras seccións deportivas non profesionais, como a de crícket, a de wáter-polo e a de fútbol feminino.
Dende 2003 preside o club o empresario multimillonario Enrico Preziosi, nado en 1948, fundador e dono da empresa Giochi Preziosi, a cuarta empresa fabricante de xoguetes a nivel mundial despois de Lego, Mattel e Hasbro.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]- Scudettos (9) = 1898, 1899, 1900, 1902, 1903, 1904, 1914-15, 1922-23, 1923-24
- Coppa Italia (1) = 1936-37
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Copa dos Alpes (2) = 1962, 1964
- Copa da Amizade (1) = 1963
- Copa Anglo-Italiana (1) = 1995-96
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Genoa Cricket and Football Club |