[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Galia Cisalpina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gallia Cisalpina»)
Modelo:Xeografía políticaGalia Cisalpina
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de

Mapa da Galia e a Galia Cisalpina ó leste
Mapa da Galia Cisalpina, estendéndose desde Venecia no Adriático, até Niza no Mediterráneo, e dese o lago de Xenebra no oeste, e os Alpes no norte, do Theatrum Orbis Terrarum de Abraham Ortelius,o primeiro Atlas moderno do mundo. Anveres, 1608.

A Gallia Cisalpina (isto é, a Galia desta parte dos Alpes) é denominada tamén por algúns autores como Galia itálica, ou aínda Gallia citerior ou Gallia togata. Conformábana todas as terras do norte dos ríos Arnus (Arno) e Rubico (Rubicón), na actual Italia. O río Po transcorre por este territorio de oriente a occidente trazando unha divisoria xeográfica natural. Naquela época a divisoria do río era moi importante, pois existía unha gran diferenza entre os habitantes dunha beira e da outra. As xentes ao sur do río estaban moi romanizadas e moitas mesmo tiñan os mesmos dereitos que os romanos. No norte do río, as xentes e as cidades eran máis celtas que romanas. No século I só as cidades de Aquilea e Cremona tiñan dereitos latinos; mesmo falaban outras xirias e só tiñan o latín como segunda lingua. En xeral, a Galica Cisalpina non participaba case nos asuntos romanos e non gozaba das vantaxes dos aliados itálicos. Nin sequera se recrutaban os seus habitantes para a infantaría romana.