Galactósido
Aparencia
Un galactósido é un glicósido que contén galactosa. O H do grupo OH no carbono 1 da galactosa é substituído por un resto orgánico que non é outro azucre.[1] Durante a súa hidrólise libérase galactosa.[2]
Dependendo de se o enlace está situado por "debaixo" ou por "riba" do plano da molécula de galactosa, os galactósidos clasifícanse como α-galactósidos ou β-galactósidos, respectivamente.
Un β-galactósido é un tipo de galactósido no cal o enlace glicosídico está por riba do plano do residuo de galactosa. Un exemplo de β-galactósido é o ONPG, que é un β-galactósido sintetizado para ensaios bioquímicos.
Nun α-galactósido o enlace glicosídico está por debaixo do plano do residuo de galactosa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mosby (29 de abril de 2016). Mosby's Medical Dictionary - E-Book. ISBN 9780323414265.
- ↑ Dictionary.com galactoside Arquivado 29 de agosto de 2022 en Wayback Machine.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |