Lingua galesa antiga
Galés antigo Hen Gymraeg | ||
---|---|---|
Falado en: | Gales | |
Total de falantes: | Ningún na actualidade, evolucionou ao galés medio sobre o século XII | |
Familia: | Indoeuropea | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | owl
| |
Mapa | ||
Status | ||
O galés antigo (Hen Gymraeg en galés) é a denominación que se lle dá á lingua galesa desde o momento en que se desenvolveu a partir do britónico, momento que xeralmente se sitúa entre mediados do século VI e mediados do século VII, ata principios do século XII, cando se converteu en galés medio.
Téñense preservado bastantes poemas e algo de prosa deste período, aínda que algúns constan en manuscritos posteriores, por exemplo o texto de Y Gododdin. O texto máis antigo conservado integramente en galés antigo é probabelmente o dunha lápida que se conserva hoxe na igrexa de Tywyn, que dataría de principios do século VIII. Un texto do Libro de San Chad pénsase que foi escrito a finais do século VIII e inicios do IX, pero podería ser copia dun texto do século VI ou VII.
O galés antigo só é intelixíbel para un falante de galés actual coa axuda de abundante aparato de notas.
Notas
[editar | editar a fonte]- Glanville Price e Edward Arnold (editor), The Languages of Britain, 1985. ISBN 0-7131-6452-2.