Gonzalo Brañas Sánchez-Boado
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gonzalo Brañas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1840 A Coruña, España |
Morte | 17 de xuño de 1903 (62/63 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Fillos | Gonzalo Brañas Fernández, Celia Brañas |
Irmáns | Alfredo Brañas |
Gonzalo Brañas Sánchez-Boado, nado na Coruña en 1840 e finado na mesma cidade o 17 de xuño de 1903, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do primeiro matrimonio de Vicente María Brañas Valseca (o pai de Alfredo Brañas).[1] Farmacéutico. Dirixiu La Ilustración de La Coruña e en 1862 fundou, xunto a Ezequiel Fernández Miranda, o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador). Colaborou en La Unión Gallega.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Barcarola cantada por los carpinteros, 1864.
- La luz en la noche, 1902.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Páginas sociales, 1861.
- María Pita, 1863.
- Amante y española, 1864.
- Inocencia, 1881
Traducións ao castelán
[editar | editar a fonte]- La mujer del collar de terciopelo (1861), de Alexandre Dumas.
- La puritana y el hombre de los bosques (1862), de Eugène Nus.
- Mademoiselle La Fayette (1864), de Paul Molé-Gentilhomme.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Consuelo Fernández Miranda e foi pai dos científicos Gonzalo e Celia Brañas Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de Alfredo Brañas". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2022-12-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brañas, Gonzalo, artigo na Gran Enciclopedia Galega.