[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gomphus graslinii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gomphus graslinii
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1][2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Hexapoda
Orde: Odonata
Suborde: Epiprocta
Infraorde: Anisoptera
Familia: Gomphidae
Subfamilia: Gomphinae
Tribo: Gomphini
Xénero: Gomphus
Especie: G. graslinii
Nome binomial
Gomphus graslinii
Rambur, 1842

Sinonimia
  • Gomphus graslini Rambur, 1842

Gomphus graslinii[3] é unha especie de odonato anisóptero que pertence á familia Gomphidae.

Características

[editar | editar a fonte]

Teñen os ollos moi separados, carácter que comparten cos Petaluridae e cos zigópteros. Os adultos miden usualmente de 4 a 7 cm de lonxitude. Vive en regatos, ríos, arroios ou lagos en estado próximo ó natural. É un gónfido carácterizado polas súas amplas liñas negras nas áreas antehumeral e humeral do tórax, as súas patas son maioritariamente negras, salvo as coxas que son amarelas e os fémures con raias amarelas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A área de distribución desta especie só comprende unha parte da Península Ibérica e parte do sur e suroeste de Francia. En Francia, as poboacións áchanse claramente en regresión no oeste, sendo estables na zona do suroeste, ó oeste do río Rodano.

Na Península Ibérica habita en Portugal, agás na parte central do país, e en España no suroeste de Galicia, suroeste de Castela e León e sur e suroeste de Andalucía.

Aínda que se trata dunha especie de augas correntes, parece ser máis común nas zonas de remanso, como ocorre con Macromia splendens, especie coa que adoita compartir o hábitat. En Francia voan dende mediados de xuño a mediados de agosto. Os espécimes ibéricos entre primeiros de xuño e mediados de xullo.

  1. Boudot, J.-P. 2009.Gomphus graslinii. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.4. <www.iucnredlist.org>. Descargado o 14 de febreiro de 2011.
  2. En España: En perigo de extinción.
  3. Gomphus graslinii (Gomphus graslinii). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]