Blanca Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Blanca Romero Ezama 2 de xuño de 1976 (48 anos) Xixón, España |
Actividade | |
Ocupación | modelo, actriz |
Familia | |
Cónxuxe | Cayetano Rivera (2001–2004) |
Blanca Romero Ezama, nada en Xixón o 2 de maio de 1976, é unha actriz, cantante e modelo asturiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 14 anos ofrecéronlle facer o seu primeiro desfile nunha boutique de Xixón. A raíz de aí se empezou a interesar no tema da moda e con 17 anos trasladouse a Madrid e dous anos despois a París para traballar en revistas de moda como Givenchy ou Madame.
A súa primeira canción compúxoa en 2001, cando non podía saír da casa duns amigos en Xixón debido a un terrible tempo. Durante eses 15 días decidiu compoñela. A mediados de 2006, co nome artístico de "La Perra", comezou unha carreira musical que non tivo continuidade.
Interveu nalgunhas reportaxes de Puntodoc (Antena 3) e El club de Flo (La Sexta), intervención grazas á cal o equipo de Física o química (Antena 3) se fixou nela, dando o salto á interpretación. Tamén apareceu en Las mañanas de Cuatro, After e en Supermodelo 2006. Foi portada en diversas ocasións de Elle e posou núa para denunciar a grave situación da auga, sendo modelo da Expo Zaragoza 2008.
En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrada xunto a Yon González.
Televisión
[editar | editar a fonte]Series de televisión | |||
---|---|---|---|
Ano | Título | Papel | Notas |
2008-2009, 2011 | Física o química | Irene Calvo | Papel principal (48 episodios) |
2013 | L'Isola | Tara Rival | Papel principal (12 episodios) |
2015-presente | Bajo sospecha | Laura Cortés/ Laura González Samprieto | Papel principal (13 episodios) |
Cine
[editar | editar a fonte]Filmes | |||
---|---|---|---|
Ano | Título | Papel | Notas |
2009 | After | Ana | Papel principal |
2011 | Los muertos no se tocan, nene | Clara | Papel principal |
2012 | Fin | Covadonga "Cova" | Papel principal |
2013 | El amor no es lo que era | Paz | Papel principal |
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]- 2009: Gañadora do Premio Mujer Cosmopolitan “Fun Fearless Female” á Mellor Actriz de Cine por "After".[1]
- 2010: Candidata ao Premio Goya á mellor actriz revelación por After.
Vida privada
[editar | editar a fonte]No ámbito persoal, deu a luz a Lucía en 1998. Mantivo relacións sentimentais con Joaquín Cortés ou Cayetano Rivera Ordóñez, co que estivo casada entre 2001 e 2004. O 21 de xullo de 2012, foi nai por segunda vez dun neno, Martín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Segunda Edición del Premio Mujer Cosmopolitan “Fun Fearless Female”". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2009. Consultado o 01 de marzo de 2015.