[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bell 214ST

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bell 214ST
Tipohelicóptero medio
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voofebreiro de 1977
Introducido1982
EstadoForza Aérea do Perú
Real Forza Aérea de Brunei
Real Armada de Tailandia
Forza Aérea de Iraq
Produción1979 - 1993
Unidades construídas96

O Bell 214ST éun helicóptero bimotor medio descendente do da ubicua serie de Bell Helicopter UH-1 Huey. Aínda que comparte un número de tipo co algo relacionado Bell 214, o 214ST é máis grande e ten un aspecto algo distinto.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O Bell 214ST foi desenvolvido orixinalmente como un proxecto militar a partir do Bell 214B BigLifter, especificamente para a produción en Irán e o desenvolvemento de Bell foi financiado polo goberno iraniano.[1] A diferenza fundamental foi a substitución do único motor turboeixo Lycoming LTC-4 do Model 214 por dous motores General Electric T700 de 1 625 cabalos, para mellorar as prestacións do helicóptero en ambientes altos e quentes e para mellorar tamén a súa seguridade. Unha conversión bimotora provisional dun Model 214 voou o 15 de febreiro de 1977 en Texas.[2][3] A probas foron exitosas e Bell decidiu seguir adiante co Bell 214ST bimotor, cunha fuselaxe alongada 76 cm é un rotor principal revisado con maior diámetro. Irán cambiou os seus plans de produción, e 50 Bell 214A e 350 214ST ían ser construídos na nova fábrica que se instalaría Isfahán.[4]

O traballo nos tres prototipos planeados comezou en 1978.[5] O derrocamento do xa en 1979 resultou na cancelación dos pedidos de Irán. Nesa época o novo helicóptero atraera o suficiente interese doutros clientes potenciais como para que Bell continuase co proxecto e construíse o 214ST nas súas instalacións en Dallas-Fort Worth. Como resultado lanzouse como un helicóptero civil, en vez de como un militar.[1][6][7]

O primeiro dos tres prototipos do 214ST voou o 21 de xullo de 1979,[7] e a fabricación dos 214ST de produción comezou en 1981. As certificacións de tipo da FAA e CAA para regras visuais e instrumentais chegaron en 1982.[8] A variante militar seguiulle pouco despois, comezando as súas entregas no ano 1982.[2]

O Bell 214ST incluía grandes cambios no deseño con respecto o Bell 214. O Bell 214ST tiña unha fuselaxe máis grande e alongada con asentos para 16-18 pasaxeiros,[9][10] e dous motores GE CT7-2A de 1 625 cabalos.[11] O helicóptero introduciu algunhas innovacións revolucionarias para Bell, como unha transmisión de funcionamento en seco dunha hora, pás do rotor de fibra de vidro, rodamentos da cabeza do rotor elastoméricos, e a opción de patíns ou rodas. O helicóptero tiña unha porta na cabina de mando e grandes portas a cada lado da cabina de pasaxeiros. O 214ST tiña unha capacidade de combustible de 1 650 litros e podía engadírselle un sistema auxiliar de combustible.[10]

O Model 214ST era o helicóptero máis grande construído por Bell ata o momento[9] (despois superado polo Bell 525 Relentless en 2015).[12] ST era orixinalmente un acrónimo de "Stretched Twin", pero posteriormente cambiouse por "Super Transporter".[9][11] Bell fabricou un total de 96 214ST rematando a súa produción en 1993.

Entre os operadores están Iraq (48), Brunei (1), Perú (11), Tailandia (9) e Venezuela (4).

  1. 1,0 1,1 Apostolo, Giorgio (1984). The illustrated encyclopedia of helicopters. New York: Bonanza Books. p. 54. ISBN 0-517-43935-2. OCLC 10780862. 
  2. 2,0 2,1 Green, William (1991). Observers aircraft (1991/92 ed ed.). London: F. Warne. ISBN 0-7232-3697-6. OCLC 24821666. 
  3. Air International, outubro de 1982, p. 165
  4. Air International, outubro de 1982, pp. 165-166
  5. general editor, David Donald (1997). The complete encyclopedia of world aircraft. New York, NY. ISBN 0-7607-0592-5. OCLC 37976989. 
  6. Lambert, Flight International, 30 de xuño de 1979, p. 2345
  7. 7,0 7,1 Air International, outubro de 1982, p. 166
  8. Pelletier, Alain J. (1992). Bell aircraft since 1935. Annapolis, Md.: Naval Institute Press. ISBN 1-55750-056-8. OCLC 25625769. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Frawley, Gerard (2003). The international directory of civil aircraft, 2003/2004. Shrewsbury: Airlife. p. 44. ISBN 1875671587. OCLC 1244855546. 
  10. 10,0 10,1 Jane's all the world's aircraft, 1990-91 (81st ed ed.). Coulson, Surrey, UK: Jane's Information Group. 1990. ISBN 0-7106-0908-6. OCLC 22548588. 
  11. 11,0 11,1 Green, William (1987). Observers aircraft (1987 ed., 36th ed ed.). Harmondsworth, Middlesex: Warne. p. 224. ISBN 0-7232-3458-2. OCLC 220229819. 
  12. Huber, Mark. "‘Relentless’ 525 To Be Largest Bell Helicopter". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2022-04-27.