[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bosaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBosaso
Imaxe

Localización
Mapa
 11°17′N 49°11′L / 11.28, 49.18
EstadoSomalia
Regiões da Somália (pt) TraducirBari (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Bari (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación433.471 (2009) Editar o valor en Wikidata (36.122,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie12 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de Adén Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creaciónséculo XIV Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webbosasomunicipality.com Editar o valor en Wikidata

Bosaso, en somalí Boosaaso e antes chamada Bender Qassim, é unha importante cidade portuaria do norte de Somalia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Bosaso está situada na costa meridional do golfo de Adén, no norte de Somalia, na desembocadura do wadi Baalade. É a capital da rexión de Bari, e exerce de capital económica de Puntlandia, un territorio oficialmente pertencente a Somalia, pero independente de feito.

Cunha poboación estimada en 2006 de 450.000, é unha cidade que multiplicou por dez a súa poboación nas últimas dúas décadas grazas á inmigración de persoas procedentes doutras zonas do estado. A maioría da poboación pertence ao subclán Harti dos Darood, se ben tamén existen outras etnias, entre as que destacan os árabes mehrís.

Está conectada por autovía con Garoowe e ten un aeroporto, o Aeroporto Bender Qassim e o maior porto de Somalia, en particular dende o estoupido da guerra civil en 1991. O porto ten un gran negocio de mercadorías e de repostaxe de combustible, pero tamén está considerado a base principal da pirataría no Corno de África, do comercio ilegal de qat e un punto clave da emigración ilegal ao Iemen e a Arabia Saudita. A pesca é tamén unha das actividades máis importantes.

É posible que Bosaso se corresponda co Mosylon que aparece citado no Periplus Maris Erythraei, unha obra romana do século I, xa daquela como un porto de importancia. Conta a lenda que no século XIV un comerciante chamado Qassim se estableceu aquí. Así ao comezo a cidade chamouse Bender Qassim (Vilaqassim), aínda que logo mudaría para Bosaso, que disque era o nome do camelo do propio Qassim.

Nos anos oitenta o réxime de Siad Barre industrializou a cidade ao construír un porto moderno e mais a autovía que o une co resto do país. Durante a guerra civil que asolou Somalia na década dos do século XX, Bosaso foi un dos lugares menos afectados polos combates e medrou en importancia económica e en poboación. Con todo, os enfrontamentos armados foron correntes e en maio de 2002 o coronel Abdullahi Yusuf Ahmed deu un golpe violento en Bosaso[1] que substituíu a Jama Ali Jama da presidencia de Puntlandia.

Bosaso e Galicia

[editar | editar a fonte]

O 26 de novembro de 2008 o fotoxornalista galego Xosé Cendón foi secuestrado[2] na cidade mentres facía unha reportaxe sobre pirataría.