Boí Taüll
Tipo | Estación de esquí | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | La Vall de Boí, España | |||
| ||||
Cordilleira | Pireneos | |||
Características | ||||
Altitude | punto máis baixo: 2.040 m punto máis alto: 2.751 m | |||
Estación de esquí | ||||
Remonte | 10 (13.200 pers/h) | |||
Pista de esquí alpino | 43 (45 km) 6 15 16 6 | |||
Sitio web | boitaull.cat | |||
Boí Taüll é unha estación de esquí do Pireneo Catalán, situada no municipio de La Vall de Boí, na provincia de Lleida.
Descrición
[editar | editar a fonte]Coas cotas máis altas do Pireneo (2.750 metros cota máxima e 2.038 metros cota mínima) e unha privilexiada situación encarada ao norte, a estación garante unha neve de excelente calidade. Ademais, ofrece un completo dominio esquiable con 10 pistas verdes, 7 azuis, 26 vermellas e 10 negras, algunhas con desniveis de ata 750 metros e sen pistas horizontais. Boí Taüll cos seus 2020 metros de altitude de cota mínima, convértese na estación de esquí pirenaica con máis metros de altitude de cota mínima.
Servizos
[editar | editar a fonte]Dispón de multitude de servizos,aparcadoiro con 1.500 prazas, restaurantes, cafetarías, dúas escolas de esquí, servizo de alugueiro de material de esquí e de snowboard de 500 m², reparación de material, heliporto, servizo médico, zona infantil,...
Tamén existe a freeXperience, unha zona dedicada exclusivamente ao snowpark.