Avatar
Avatar (do sánscrito avatāra, que significa 'descenso') no hinduísmo, refírese á encarnación terrestre dunha deidade ou un deus. O termo emprégase con frecuencia para describir as distintas encarnacións de Vishnu, unha das principais deidades do hinduísmo, como Krishna, que se considera a oitava avatar de Vishnu.[1]
Tipos de avatares no hinduísmo
[editar | editar a fonte]No contexto do hinduísmo, os avatares adoitan clasificarse baseándose na súa natureza e propósito, destacándose os Dasavatara ou os dez avatares principais de Vishnu, que inclúen a figuras como Krishna (o pastor divino), Rama (o príncipe virtuoso), e Buda ou Siddhartha Gautama (o iluminado), que se menciona en algúns textos como un avatar de Vishnu que veu para proporcionar un camiño cara á paz e a comprensión.[2]
Na tradición hindú, hai dez encarnacións principais ou avatares de Vishnu, coñecidos como o Dasavatara. Alén dos xa mencionados Krishna, Rama e Buda, os sete avatares restantes son:[3]
- Matsya - O peixe, a primeira encarnación de Vishnu, que salvou a Manu do diluvio.
- Kurma - A tartaruga que axudou a soster o monte Mandara, que se usou como eixo central durante a batalla entre devas e asuras para obter o amrita, o néctar da inmortalidade.
- Varaha - O xabaril que rescatou a terra (personificada como a deusa Bhu Devi) das augas do océano.
- Narasimha ou Narasinga - O home-león que derrotou ao demo Hiranyakashipu para protexer ao seu devoto Prahlada.
- Vamana - O anano que enganou ao rei Bali para recuperar o control dos ceos, da terra e do inframundo.
- Parashurama - O guerreiro con machado que derrotou aos guerreiros kshatriya que se desviaron do camiño do dharma.
- Kalki - O décimo avatar futuro de Vishnu, que se di que chegará ao final do Kali Yuga montado nun cabalo branco para destruír a maldade e restaurar a orde e a moralidade.
Kapila e Vyasa, aínda que son figuras importantes dentro do hinduísmo e ás veces se lles atribúe un status divino ou sagrado, non son tipicamente listados como parte do grupo principal do Dasavatara. Kapila é recoñecido como o gran sabio que fundou a filosofía do Samkhya, e Vyasa é coñecido como o compilador dos Vedas e autor do Mahabharata, onde o Bhagavad Gita está contido como parte da narrativa.[4][5][6]
Avataras
Os Avataras poden ser de dous tipos: manusíacos e bodhisátvicos.[Cómpre referencia] Os manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano. Os bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Xesús, Tunupa ou Lao Tsé.[Cómpre referencia]
Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade.[Cómpre referencia]
En galego
[editar | editar a fonte]Na lingua galega, o termo avatar (en plural "avatares") adquiriu o significado de 'fases', 'vicisitudes' ou 'cambios' na vida dunha persoa, tal como se recolle no DRAG.[7] O bUSCatermos tamén recolle o seu significado relativo ao uso nas personificacións ou disfraces.[8]
Uso moderno
[editar | editar a fonte]Fóra do contexto relixioso, a palabra avatar adoptou un novo significado nas tecnoloxías da información e en Internet, onde se emprega para referirse á representación gráfica dun usuario, xa sexa a través dunha imaxe ou ilustración.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Klostermaier, Klaus K. (2007). A survey of Hinduism. Albany : State University of New York Press. ISBN 978-0-7914-7081-7.
- ↑ Doniger, Wendy (2009). The Hindus : an alternative history. Nova York : Penguin Press. ISBN 978-1-59420-205-6.
- ↑ "Avatars of Vishnu; Lord Vishnu 10 avtars in Details". gitainsight.com (en inglés). Consultado o 2024-04-08.
- ↑ The Encyclopedia of Indian Philosophies (en inglés).
- ↑ Winternitz, M. (1927). A History Of Indian Literature,vol.1 (en inglés).
- ↑ V. S. Sukthankar (1933-01-01). Prolegomena to the Critical Edition of Adi-parva of Mahabharata.
- ↑ "avatar". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-04-11.
- ↑ "avatar". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-04-08.
- ↑ "Criador de Avatar 3D". IMVU (en inglés e portugués). Consultado o 2024-04-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avatar |