[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Avannaata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAvannaata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 74°16′12″N 51°31′47″O / 74.270119, -51.529781
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia Editar o valor en Wikidata
CapitalIlulissat Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.820 (2021) Editar o valor en Wikidata (0,02 hab./km²)
Xeografía
Superficie522.700 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 2018 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPalle Jerimiassen (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GL-AV Editar o valor en Wikidata

Páxina webavannaata.gl Editar o valor en Wikidata
Facebook: AvannaataKommunia Youtube: UChwZgmMX-cXl9dUvyeh6a4g Editar o valor en Wikidata

Avannaata (en groenlandés: Avannaata Kommunia) é un concello situado na costa noroeste de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2018 trala partición do antigo concello de Qaasuitsup. A súa capital atópase na vila de Ilulissat. En 2021 tiña 10 820 habitantes.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Avannaata limita polo sur co concello de Qeqertalik. No sueste, limita co de Sermersooq, pero esta fronteira vai de norte a sur polo centro da capa de xeo de Groenlandia e, como tal, está libre de tráfico. No leste e nordés limita co Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia.

No extremo sur da costa municipal atópanse as augas da baía de Disko, aínda que algunhas comunidades da baía de Disko pertencen ao municipio de Qeqertalik. Esta baía é unha entrada da meirande baía de Baffin, que cara ao norte bordea a illa de Groenlandia e forma a baía de Melville. A costa do nordeste da baía de Baffin está salpicada de illas do arquipélago de Upernavik, que está enteiramente contido dentro do municipio. No extremo noroeste, preto de Qaanaaq e Siorapaluk, as costas municipais esténdense ata o estreito de Nares, que separa Groenlandia da illa Ellesmere (que pertence ao Canadá).

Vilas e asentamentos

[editar | editar a fonte]

Área de Ilulissat

[editar | editar a fonte]

Área de Qaanaaq

[editar | editar a fonte]

Área de Uummannaq

[editar | editar a fonte]

Área de Upernavik

[editar | editar a fonte]
  1. Statistical Greenland (ed.). "Population by Localities". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]