Augsburgo
Augsburg (de) | |||||
Epónimo | Augusta dos Vindelícios (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Regierungsbezirk | Suabia | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Augsburg-Bergheim (en) Augsburg-Bärenkeller (en) Augsburg-Firnhaberau (en) Augsburg-Göggingen (en) Augsburg-Hammerschmiede (en) Augsburg-Haunstetten (en) Augsburg-Hochfeld (en) Augsburg-Hochzoll (en) Augsburg-Innenstadt (en) Augsburg-Inningen (en) Augsburg-Universitätsviertel (en) Lechhausen (en) Oberhausen (en) Pfersee (en) Q760462 Q760487 Q760501 | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 303.150 (2023) (2.064,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 146,87 km² | ||||
Bañado por | Río Lech, Wertach (en) e Singold (en) | ||||
Altitude | 489 m-498 m-482 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 15 a. C. | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Eva Weber (pt) (2020–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 86150, 86199, 86152, 86153, 86154, 86156, 86157, 86159, 86161, 86163, 86165, 86167, 86169 e 86179 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0821 | ||||
Código NUTS | DE271 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 097610000000 | ||||
Número de municipio alemán | 09761000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | augsburg.de | ||||
Augsburgo[1][2] (en alemán: Augsburg; en latín: Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 295.830 habitantes (31 dec.2020) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg, na súa área metropolitana ten uns 885.000 habitantes.[3]
Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).
Despois de Neuss, Tréveris, Colonia e Xanten, Augsburgo é unha das cidades máis antigas de Alemaña, fundada no 15 a.C. polos romanos como Augusta Vindelicorum, recibe o nome do emperador romano Augusto. Foi unha Cidade Imperial Libre de 1276 a 1803 e o fogar das familias patricias Fugger e Welser que dominaron a banca europea no século XVI. A cidade xogou un papel principal na Reforma como lugar da Confesión de Augsburgo de 1530 e Paz de Augsburgo de 1555. O Fuggerei, o complexo de vivendas sociais máis antigo do mundo, fundouno en 1513 Jakob Fugger. aluvial En 2019, a UNESCO recoñeceu o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo como Patrimonio da Humanidade.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Augsburgo atópase na converxencia dos ríos Alpinos Lech e Wertach e do Singold. A parte máis antiga da cidade e os barrios do sur atópanse no contraforte norte dun socalco alto, que xurdiu entre o bordo empinado dos outeiros de Friedberg no leste e os outeiros altos do oeste. No sur esténdese o Lechfeld, unha chaira aluvial da post idade do xeo entre os ríos Lech e Wertach, onde se conservaron paisaxes primixenias raras. O bosque da cidade de Augsburgo e os breixos do val de Lech están hoxe entre os hábitats de Europa central máis ricos en especies.[5]
Augsburg limita co parque natural dos bosques occidentais de Augsburgo - un gran bosque. A propia cidade tamén é moi verde. Como resultado, en 1997 Augsburgo foi a primeira cidade alemá en gañar o concurso europeo Entente Florale pola cidade máis verde e habitable de Europa.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada en 15 a.C. no reinado do emperador romano Augusto, como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. Foi tomada polos hunos o século V, por Carlos Magno o século VIII, e por Welf de Baviera o século XI. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre do Sacro Imperio Romano-Xermánico e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo. Medrou sempre en importancia e prosperidade, excepto durante a guerra dos Trinta Anos e durante a segunda guerra mundial. Foi tamén o berce dun dos primeiros xornais impresos, o "Relation oder Zeitung", en 1609 o mesmo ano, foi creado o xornal "Ordinarii Avisa" en Estrasburgo.
En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Lois XIV de Francia. En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera. Na segunda guerra mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos. Foi escenario das probas de canoa dos Xogos Olímpicos de 1972.
Sistema de xestión da auga
[editar | editar a fonte]Os sistemas de auga de Augsburgo construíronse entre o século XIV e hoxe. Unha rede de canles, torres de auga, equipos de bombeo e centrais hidroeléctricas proporcionaron auga potable e enerxía á cidade durante séculos.[6]
O 6 de xullo de 2019, o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo designouse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Ruswick, paz de» e «Reforma». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. pp. 1770 e 1846. ISBN 9788482893600.
- ↑ Outros exemplos de uso en: Max Weber (2006). USC, ed. A ética protestante e o "espírito" do capitalismo. Clásicos do pensamento universal 9. Traducido por Xosé Manuel García. ISBN 9788497506137.; Xosé Carlos Caneiro (1997). Xerais de Galicia, ed. Un xogo de apócrifos. ISBN 9788483021293.
- ↑ "Und-wieder-5000-Menschen-mehr-Augsburg-waechst-und-waechst". www.augsburger-allgemeine.de. 17 de febreiro de 2015.
- ↑ ""Great honor": Augsburg water management system recognized as a World Heritage". tellerreport.com. 6 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2022.
- ↑ John G. Kelcey; Norbert Müller (7 de xuño de 2011). Plants and Hábitats das cidades europeas. Springer Science & Business Media. ISBN 978-0-387-89684-7.
- ↑ James Douet (2018). "The Water Industry as World Heritage" (PDF). The International Committee for the Conservation of the Industrial Heritage (TICCIH). p. 32.
- ↑ "Seven more cultural sites added to UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 6 July 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augsburgo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |