[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Atol Aranuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAtol Aranuka
(en) Aranuka Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Gilbert Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Gilbert, Kiribati Editar o valor en Wikidata
Mapa
 0°11′31″N 173°38′02″L / 0.191917, 173.633767
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Superficie13,3 km² Editar o valor en Wikidata

Aranuka (tamén coñecido como Henderville, Nonouki ou Starbuck) é un atol de Kiribati, situado xusto ao norte da liña ecuatorial, no arquipélago das Illas Gilbert. Cobre unha área de 11´6 quilómetros cadrados, e ten unha poboación de 1.057 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Residentes da illa de Kiribati Aranuka, reciben aos visitantes

O atol ten unha forma triangular, formado principalmente por dous grandes illas, infrecuentemente grandes para un atol deste tamaño. A illa máis grande é Buariki, a cal forma a "base" do triángulo, e a máis pequena é Takaeang, que forma a punta superior. Estas illas están conectadas por un gran banco de area na parte norte, e por un arrecife submarino na parte sur, na que tamén hai unha estreita pasaxe cara á lagoa no centro da illa.

Tamén, atópase unha pista de aterraxe ao norte de Buariki.

Só hai un camiño que bordea a lagoa no lado da illa onde se atopan os pobos e unha rede de acceso e camiños de acceso que van desde a estrada principal a outras partes da illa. Estas vías son xeralmente o suficientemente amplas como para dar cabida a bicis e motos pero non a grandes camións. Todos os pobos atópanse no lado da lagoa a ambos lados da estrada principal, de fácil acceso a pé, en bicicletas, motocicletas e camións.

Aranuka ten unha lagoa, pero esta non é rica en mariscos. Hai unha pasaxe na lagoa, a disposición dos barcos con bo tempo, polo centro do arrecife no lado sur oeste do atol. Hai varios puntos perigosos na pasaxe no que as correntes poden ser moi fortes. Aranuka é coñecida polos mangleiros de Rhyzophora stylosa que crecen tan alto como as árbores de coco e agora son un lugar de reprodución para as aves. Os mangleiros atópanse cara ao extremo norte da península de Aranuka.[1]

A illa de Aranuka historicamente só tiña dous pobos. En 1978, estableceuse a aldea de Baurua con só uns poucos habitantes, menos de 10 vivendas, facendo agora un total de 3 pobos recoñecidos en Aranuka, Takaeang, Buariki e Baurua.

Artigo principal: Illas Gilbert.

Aranuka é por tradición a illa central de Kiribati e a localización para a formación e a separación de todas as illas de Kiribati, que se iniciou por primeira vez polo Deus dos seus devanceiros, Nareau. Por iso Aranuka era anteriormente chamada e coñecida como Ananuka, o centro de todo.[2]

Thomas Gilbert e John Marshall, navegando nos barcos da Compañía das Indias Charlotte e Scarborough, foron os primeiros europeos en visitar e describir Aranuka, en xuño de 1788.[3]

Nalgún momento entre 1860 e finais de 1880, as illas de Aranuka e Kuria foron conquistados por Tenkoruti (Rei Karotu), o xefe supremo da Abemama, cando o ex gobernante (Ten Temea) de Kuria e Aranuka entregou estas dúas illas ao rei Karotu de Abemama e foise a Maiana, outro do grupo de Gilbert. Logo foron gobernados polo sobriño de Tenkoruti, Tem Binoka.[2]

Visitar Aranuka

[editar | editar a fonte]

Aranuka é unha illa de beleza natural, con praias virxes de area branca e augas cristalinas, ademais de ser a única illa en Kiribati que ten mangles altos con alturas de máis de 15 metros. Os illotes deshabitados da illa tamén ofrecen lugares de primeira categoría mundial para a natación e mergullo para os visitantes.

O Aeroporto de Aranuka atópase preto da punta norte de Buariki, e conta con dous voos á semana con Tarawa, e que tamén a unen con Kuria. Tamén están dispoñibles servizos de barcos charter.

O aloxamento é proporcionado pola casa de hóspedes do Island Council.

Rutas de Air Kiribati.
  1. "Aranuka Island Report 2012". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Aranuka factsheet". Kiribati Tourism, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  3. Samuel Eliot Morison (1944-05-22). "The Gilberts & Marshalls: A distinguished historian recalls the past of two recently captured pacific groups". Life magazine. Consultado o 2009-10-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]