Arie Kindler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1920. Berlín, Alemaña |
Morte | 23 de xullo de 2014 (94 anos) Ramat Gan. Israel |
País de nacionalidade | Israelí. |
Relixión | Xudaísmo. |
Educación | Universidade de Frankfurt. |
Q89547790 | Estudos de numismática de Israel. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | profesor universitario, numismático |
Empregador | Universidade de Tel Aviv Universidade Bar-Ilan (pt) Museu Terra de Israel (pt) |
Premios | |
1984: Premio da GIG. |
Arie Kindler (en hebreo אריה קינדלר), nado en Berlín o 17 de febreiro de 1920 e finado en Ramat Gran, Israel, o 23 de xullo de 2014, foi un numismático e profesor universitario israelí.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia en Berlín
[editar | editar a fonte]Segundo o seu propio relato, o interese pola arqueoloxía de Arie Kindler remóntase a 1930, cando na súa infancia se inaugurou o Museo de Pérgamo, no seu Berlín natal, en 1930.[1][2][3]
Exilio familiar
[editar | editar a fonte]A familia Kindler abandonou Alemaña xa en 1933, logo de que o seu pai se decatara do perigo inminente que corrían, trala lectura de Mein Kampf, de Hitler.[1][2][3]
Na Palestina administrada polo Reino Unido, Arie Kindler comezou a exercer traballos esporádicos, e a partir de 1938 serviu durante dez anos na organización paramilitar xudía Haganah.[4] Logo da súa incorporación ás Forzas de Defensa de Israel, Kindler seguiu a ser soldado e reservista ata 1975.[1][2][3]
Carreira académica
[editar | editar a fonte]Os intereses intelectuais de Kindler centrábanse nos estudos clásicos, sinaladamente a historia xudía. A principios da década de 1940, examinaba a oferta de moedas e outros obxectos arqueolóxicos dos vendedores ambulantes árabes nos mercados de Xerusalén. Como estudoso, centrouse na numismática e converteuse nun dos principais expertos na moeda asmonea.[1][2][3]
Logo de completar os seus estudos universitarios, acadou o doutoramento cunha tese acerca das moedas de Bosra,[1][5] na Universidade J. W. Goethe, de Frankfurt, e baixo a dirección de Maria Radnoti-Alföldi.[3][6]
De 1974 a 1988 Kindler foi profesor no Instituto Arqueolóxico da Universidade de Tel Aviv, e de 1981 a 1992 na Universidade Bar Ilan, de Ramat Gan.[1][5]
Desde 1962 ata a súa xubilación en 1997, Kindler foi o director e conservador do departamento de numismática do Museo Eretz Israel, de Tel Aviv, que conta cunha colección numismática á que o propio Kindler lle proporcionou arredor dun milleiro de exemplares. Baixo a súa dirección, a colección ampliouse nuns 80.000 obxectos, mediante doazóns, legados e adquisicións, e converteuse nunha das máis importantes de Israel.[1][2]
O 10 de maio de 1945, Kindler e outras persoas fundaron a sección numismática do Círculo de Afeccionados ás Antigüidades de Tel Aviv, que en novembro de 1947 se converteu na Sociedade Numismática de Israel, con Kindler como presidente temporal.[1][2]
Kindler foi tamén editor de 'Alon, a revista en hebreo da Sociedade Numismática de Israel, entre 1967 e 1973, e coeditor do Israel Numismatic Journal desde 1980.[1][5][7]
Arie Kindler faleceu o 23 de xullo de 2014 aos 94 anos.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premios acadados
[editar | editar a fonte]Premio Arie Kindler
[editar | editar a fonte]- En 2003, a rama da Sociedade Numismática de Israel en Tel Aviv estableceu na súa honra o Premio Arie Kindler. Entre os galardoados están numismáticos como Barag, Barkay, Rafi Dvir, Haim Gitler, Spaer, Oren Tal e David Schaps.[9]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa carreira académica, Kindler publicou máis de 200 artigos e colaboracións, e sete traballos monográficos sobre diversos temas de numismática, desde as emisións da Antigüidade ata as moedas bizantinas e do mundo islámico na Idade Media, pasando polas cuñaxes do Estado de Israel.[1][5][10][11]
- (1961). The coins of Tiberias. Hamei Tiberia, Tiberias.
- (1967). The patterns of monetary development in Phoenicia and Palestine in antiquity. Proceedings. International Numismatic Convention. Jerusalem 27–31 December 1963 (editor). Schocken, Tel-Aviv.
- (1968).The function and pattern of the Jewish coins and the city coins of Palestine and Phoenicia (con E. W. Klimowsky). Schocken, Tel-Aviv.
- (1968). Deutsche Spottmedaillen auf Juden (con Bruno Kirschner). Ernst Battenberg, Múnic.
- (1974). Coins of the land of Israel. Collection of the Bank of Israel: a catalogue. Bank of Israel, Xerusalén. ISBN 0-7065-1417-3
- (1983). The coinage of Bostra. Aris & Phillips, Warminster. ISBN 0-85668-136-9
- (1987). A bibliography of the city coinage of Palestine from the 2nd century B.C. to the 3rd century A.D. (con A. Stein). British Archaeological Reports, Oxford. ISBN 0-86054-482-6
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Meir, C. (2014-b-).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Meir, C. (2014-a-). Páxina 41.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Meir, C. (2014-c-). "Arie Kindler, in memoriam". Liderman.co.il
- ↑ Vrankovic, O. (2015).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Meir, C. (2014-a-). Páxina 42.
- ↑ Esta tese foi publicada en 1983. Véxase (1983) en "Publicacións".
- ↑ Kindler, A. (2007).
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte -GIG-.
- ↑ Kindler, A. (2007). Páxina 14.
- ↑ "Kindler, Arie Arquivado 13 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Kindler, Arie". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kindler, A. (2007). "The History of the Israel Numismatic Society". En Israel Numismatic Research. Vol. 2. Páxinas 5-15,
- Meir, C. (2014-a-). "Dr. Arie Kindler (1920-2014)". En The Shekel. The Journal of Israel and Jewish History and Numismatics. Vol. 47. Nº 6. Páxinas 41-43. ISSN 0037-3486
- Meir, C. (2014-b-). "Dr. Arie Kindler (1920-2014)". En Coins Weekly. 24 de agosto.
- Vrankovic, O. (2015). "Die letzten Zeugen". En Jungle World. 21 de maio.