Atol Arutua
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier | ||||
Comuna da Polinesia Francesa | Comuna de Arutua | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 484 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Arutua é un atol das Tuamotu na Polinesia Francesa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 406 km ao nordés de Tahití e a 40 km ao sueste de Rangiroa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É un atol de forma case circular cun diámetro de 29 km. A superficie total é de 572 km²;, dos cales 84 kmp²; son de terra. A ampla lagoa interior ten un illote no medio e moitas piscifactorías e granxas de cultivo de perlas. Só existe un paso practicable para barcas pequenas na entrada da vila principal, Rautini, que foi totalmente reconstruída logo dos ciclóns do ano 1983. Ten unha pista de aterraxe nun illote a unha hora de traxecto en barca. A poboación total é de 654 habitantes no censo de 2002. A illa produce copra, perlas e nácara. Os habitantes seguen os antigos costumes e o atol proporcionou algúns dos mellores músicos das illas.
Historia
[editar | editar a fonte]Arutua quere dicir «onda de alta mar». Tamén se coñeceu como Rurik, nome do barco do ruso Otto von Kotzebue que chegou en 1816. Foi descuberto polo neerlandés Jakob Roggeveen en 1722.
Comuna de Arutua
[editar | editar a fonte]Arutua é a capital de comuna das illas Palliser formadas, ademais, por Kaukura e Apataki. En total tiñan 1.436 habitantes no censo de 2002. O nome de Palliser é de James Cook, do 1774, que honoraba así ao seu protector sir Hugh Palliser.
Kaukura é un atol ovalado de 50 km de longo e 14 km de ancho. O escollo só está roto por un paso ao interior. A lagoa é pouco profunda con 65 illotes no medio. A vila principal é Raitahiti, ao noroeste, cun aeródromo ao norte. Os 353 habitantes viven principalmente da pesca e provén o mercado de Tahití.
Apataki é un atol que se atopa a 19 km ao sueste de Arutua. Ten unhas dimensións de 64 km de longo e 47 km de largo. A vila principal é Niutahi, cun aeródromo cerca. Os 429 habitantes viven da produción de perlas, da pesca e do cultivo de copra e nono. Outro nome histórico do atol é Hagenmeister.