[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alonso de Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlonso de Salazar
Biografía
Nacemento(es) Toribio Alonso de Salazar Editar o valor en Wikidata
século XV Editar o valor en Wikidata
Enkarterri, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1526 Editar o valor en Wikidata
Océano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Causa da morteEscorbuto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, navegante Editar o valor en Wikidata
Participou en
Expedición de García Jofre de Loaísa Editar o valor en Wikidata

Toribio Alonso de Salazar (Enkarterri, Biscaia, século XV – nalgures no Pacífico, 5 de setembro de 1526) foi un explorador español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro europeo en identificar as Illas Marshall, o 21 de agosto de 1526, aínda que non se ten constancia de que atracaran. Salazar estaba ao mando da nave Santa María de la Victoria. Crese que tamén avistou o atol Bokak. O seu barco era o derradeiro que quedaba da expedición de García Jofre de Loaisa, que tentou ampliar a circunnavegación do globo que realizara había pouco Fernão de Magalhães.