[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alice B. Toklas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlice B. Toklas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1877 Editar o valor en Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 94 48°51′38″N 2°23′58″L / 48.86063, 2.39953
Grave of Gertrude Stein (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, autobiógrafa, memorialista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaGertrude Stein (1907–1946) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
American Women Writers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1137456 Discogs: 3883765 WikiTree: Toklas-1 Find a Grave: 1451 Editar o valor en Wikidata

Alice Babette Toklas, nada en San Francisco (California) o 30 de abril de 1877 e finada en París o 7 de marzo de 1967, foi a parella, compañeira e confidente de Gertrude Stein.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Alice B. Toklas naceu en San Francisco nunha familia polaca xudía de clase media. O seu avó paterno era rabino,[1] cuxo fillo Feivel (habitualmente coñecido como Ferdinand) Toklas se mudara a San Francisco en 1863. En 1876, Ferdinand Toklas casou con Emelia Levinsky e tiveron dous fillos, Alice e o seu irmán Clarence Ferdinand (1887-1924).

En 1890 a familia Toklas mudouse a Seattle, onde o seu pai era socio de Toklas, Singerman and Company. Toklas asistiu a escolas de Washington, incluído Mount Rainier Seminary, e durante un breve período estudou música na Universidade de Washington. Cando a súa nai enfermou, a familia volveu a San Francisco. A súa nai morreu en 1897, con 41 anos.

Relación con Gertrude Stein

[editar | editar a fonte]

Cinco meses despois do devastador terremoto de San Francisco de 1906, Toklas deixou a cidade e marchou a París. Coñeceu a Stein en París o 8 de setembro de 1907, xusto o día que chegou á cidade. Xuntas formaron un grupo que atraeu a xeración de expatriados norteamericanos, como Ernest Hemingway, Thornton Wilder e Sherwood Anderson, así como pintores representativos do movemento de vangarda, como Picasso, Matisse e Braque.

Para Stein, Toklas foi a súa confidente, amante, cociñeira, secretaria, musa, editora, crítica e administradora, mais mantívose fóra dos focos, vivindo baixo a sombra de Stein durante moitos anos ata que Stein publicou as súas memorias en 1933 baixo o título The Autobiography of Alice B. Toklas. Este converteuse no maior éxito de vendas de Stein.[2] Ambas pasaron o resto das súas vidas xuntas, ata o pasamento de Stein.[3]

Despois de Stein

[editar | editar a fonte]

Logo da morte de Gertrude Stein en 1946, Toklas publicou o seu propio libro de memorias en 1954 nun volume que mestura episodios da súa vida con receitas, titulado The Alice B. Toklas Cookbook. A receita máis célebre que contén o libro (unha contribución do seu amigo Brion Gysin) chámase "Fudge de haxix", e é unha mestura de froitas, noces, especias e marihuana. Esta receita provocou que frecuentemente se chamase "brownie de Alice B. Toklas" os pasteis que se fan mesturando cánnabis nos ingredientes.

Este libro de receitas continuouse a editar dende que apareceu por primeira vez. A receita aparece na primeira edición e na edición británica do libro, mais foi eliminada nas impresións posteriores.[4] En 1958 apareceu un segundo libro de receitas, mais Toklas non o consideraba como da súa autoría xa que o editor Poppy Cannon, da revista House Beautiful, o editara e modificara considerablemente. Ademais destes libros, Toklas tamén escribiu artigos para os diarios The New Republic e The New York Times.

En 1963 publicou a súa autobiografía, What Is Remembered, que remata abruptamente coa morte de Gertrude Stein, asentando así o feito de que Stein foi o amor da súa vida. Os seus anos de vellez foron difíciles debido á deterioración da súa saúde e aos problemas financeiros. Estes agraváronse polo feito de que os herdeiros de Stein lle quitaran as pinturas que lle deixara á súa morte. Máis tarde, Toklas converteuse ao catolicismo.

Cando faleceu, Toklas tiña 89 anos e foi enterrada no cemiterio do Père-Lachaise en París.[5] O seu nome foi gravado na parte posterior da tumba de Stein.[6]

I Love You, Alice B. Toklas, filme protagonizado por Peter Sellers estreado en 1968, recibe o seu nome polos brownies de cánnabis de Toklas, que teñen un papel significativo no argumento.

O Alice B. Toklas LGBT Democratic Club é unha organización política fundada en San Francisco en 1971.

Samuel Steward, que coñeceu a Toklas e Stein na década de 1930, editou Dear Sammy: Letters from Gertrude Stein and Alice B. Toklas (1977), e tamén escribiu dúas novelas de misterio con Stein e Toklas como personaxes, Murder Is Murder Is Murder (1985) e The Caravaggio Shawl (1989).

O San Francisco Board of Supervisors votou en 1989 renomear un bloque de Myrtle Street entre Polk Street e Van Ness Avenue en San Francisco como Alice B. Toklas Place, xa que Toklas naceu a un bloque de distancia de O'Farrell Street.[7][8]

Toklas foi interpretada por Wilfrid Brambell no filme sueco de 1978 The Adventures of Picasso, por Linda Hunt no filme de 1987 Waiting for the Moon;[9] por Alice Dvoráková na serie de televisión de 1993 The Young Indiana Jones Chronicles[10] e por Thérèse Bourou-Rubinsztein no filme de 2011 Midnight in Paris.[11]

  1. Malcolm, Janet. "Strangers in Paradise: How Gertrude Stein and Alice B. Toklas got to Heaven". The New Yorker. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. Souhami, Diana – Gertrude and Alice: Gertrude Stein and Alice B.Toklas, Londres: Pandora, 1991. ISBN 978-0044408338
  3. "Alice B. Toklas Life Stories, Books, & Links". Todayinliterature.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2014. Consultado o 4 de decembro de 2013. 
  4. Eplett, Layla. "Go Ask Alice: The History of Toklas’ Legendary Hashish Fudge". Scientific American Blog Network (en inglés). Consultado o 2019-02-08. 
  5. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 44876-44877). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition
  6. Linzie, Anna (2006). The True Story of Alice B. Toklas: A Study of Three Autobiographies. University of Iowa Press. ISBN 978-0-87745-985-9. 
  7. Herscher, Elaine (1 de xullo de 1998). "Paving the Way for Gays: S.F. may name street for lesbian Alice B. Toklas". San Francisco Chronicle. Consultado o 8 de novembro de 2009. 
  8. "Board of Supervisors : September 22, 1998". City and County of San Francisco. 22 de setembro de 1998. Consultado o 8 de novembro de 2009. 
  9. """American Playhouse" Waiting for the Moon (TV Episode 1987) - IMDb". 
  10. ""The Young Indiana Jones Chronicles" Paris, September 1908 (TV Episode 1993) - IMDb". 
  11. "Midnight in Paris (2011) - IMDb". Consultado o 2022-02-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]