Alfredo Espinosa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Nome orixinal | (es) Alfredo Espinosa Oribe |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1903 Bilbao, España |
Morte | 24 de xuño de 1937 (33/34 anos) Vitoria, España |
Causa da morte | homicidio, execución |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santa Isabel |
1º Health minister (en) | |
9 de outubro de 1936 – 24 de xuño de 1937 – Eliodoro de la Torre (en) → | |
Gobernador civil da provincia de Burgos | |
Gobernador civil da provincia de Logroño | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Unión Republicana |
Alfredo Espinosa Oribe, nado en Bilbao, en 1903 e finado en Vitoria o 24 de xuño de 1937, foi un médico e político republicano vasco, membro do primeiro goberno autónomo do País Vasco. Foi asasinado polos franquistas durante a Guerra Civil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina na Universidade de San Carlos de Madrid, onde formou parte dos grupos estudantís opostos á monarquía de Afonso XIII e á ditadura de Primo de Rivera. En 1926 obtivo o título de médico, volvendo a Bilbao, sendo posteriormente responsable da área de radioloxía do Hospital de Basurto.
Á parte do seu labor profesional, Espinosa foi moi activo nos círculos republicanos da política biscaíña. Elixido concelleiro do concello de Bilbao o 12 de abril de 1931 nas listas da Conxunción Republicano Socialista. Coa chegada da República foi nomeado membro da comisión xestora da Deputación de Biscaia. Máis tarde foi Gobernador Civil de Burgos e de Logroño. Coa constitución de Unión Republicana, en 1934, Espinosa foi elixido o seu presidente en Biscaia. Ao estalar a Guerra Civil, foi nomeado comisario de Comunicacións na Xunta de Defensa de Biscaia creada en agosto de 1936. Tras a aprobación do Estatuto de Autonomía, Espinosa integrouse no goberno presidido por José Antonio Aguirre, como conselleiro de Sanidade.
Durante o breve período do seu mandato (outubro de 1936 - xuño de 1937) e a pesar do cada vez máis reducido territorio sobre o que exercía a súa administración o Goberno de Euskadi, consagrou os seus esforzos a mellorar as condicións da poboación que sufría a guerra. Fíxose cargo da Cruz Vermella no País Vasco, promoveu a hixiene rural e organizou a asistencia social a refuxiados e fillos de milicianos falecidos, mediante a creación de fundacións benéficas. Promoveu tamén a creación da facultade de Medicina na Universidade Vasca, creada polo Goberno Vasco, no Hospital de Basurto. Tamén se significou na prevención da represión arbitraria.
En xuño de 1937, viaxaba en avión dende Tolosa (Francia) cara a Santander, onde se retiraron os restos do Exército Vasco, pero o aparello aterrou na praia de Zarautz, por traizón do seu piloto. As autoridades franquistas detivérono e trasladárono á prisión de Vitoria. Alí foi xulgado sumariamente e condenado á morte por "adhesión á rebelión", sendo executado o 24 de xuño de 1937, dous días despois de ser detido.
Hospital Alfredo Espinosa
[editar | editar a fonte]Está previsto que no 2016 se inaugure o hospital de Urduliz, que leva o nome de Alfredo Espinosa. Este hospital atenderá á poboación da Marxe Dereita da ría de Bilbao.