Aeroporto de Albacete
Aparencia
Aeroporto de Albacete Aeropuerto de Albacete / Base Aérea de Los Llanos
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Propietario/Operador | AENA | ||
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 1 380 | ||
Aumento pasaxeiros | 8,1% | ||
Operacións | 432 | ||
Aumento operacións | 5,9% | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeroporto de Albacete é un aeroporto xestionado por Aena, situado no aeródromo de Albacete-Los Llanos xunto á Base Aérea de Los Llanos do Exército do Aire, ao sur da cidade de Albacete (España), a uns 4 quilómetros do centro.
Comezou a funcionar como aeroporto civil oficialmente o 1 de xullo de 2003 cando AENA converteu unha parte do aeródromo militar de Los Llanos nun aeroporto comercial. Nesa data chegou un voo da compañía Hola Airlines desde o aeroporto internacional de Palma. O aeroporto de Albacete e o de Cidade Real son os únicos de Castela-A Mancha.
A día de hoxe non hai servizos regulares dende o aeroporto de Albacete. Só existen varios voos chárter operados por aeroliñas como Privilege Style.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista interior da terminal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web en aena-aeropuertos.es Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)