[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Adelaida (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ada (nome)»)

Adelaida[1] é un nome propio feminino galego. Procede do antigo alemán adal e held que significa de condición nobre. En galego tamén ten as variantes Adelaira e Delaira.[1] Adela tamén ten a mesma raíz xermánica athala- ‘nobre’.[2]

En xaneiro de 2023 existían 540 mulleres en Galicia co nome Adelaida, cunha media de idade de 68,5 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coas variantes Adelaira ou Delaira.

A súa festa celébrase o 16 de decembro.

[editar | editar a fonte]

Baila, Manoeliño,/ Manoel, baila,/ baila, Manoeliño,/ con Adelaira.[4]

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]

Adelaida é tamén o nome en castelán, catalán, húngaro, romanés, checo.

Personaxes célebres

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  3. Nome Cidre na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 164.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]