Ana de Orleáns
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Nome orixinal | (fr) Anne d'Orléans |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de decembro de 1938 (85 anos) Woluwe-Saint-Pierre, Bélxica (pt) |
Outro | |
Título | Princesa |
Familia | Casa de Orleáns |
Cónxuxe | Carlos de Borbón-Dúas Sicilias (1965–2015), morte do cónxuxe |
Fillos | Princess Cristina of Bourbon-Two Sicilies, María of Bourbon-Two Sicilies, Prince Pedro of Bourbon-Two Sicilies, Princess Inès of Bourbon-Two Sicilies, Princess Victoria of Bourbon-Two Sicilies |
Pais | Henrique de Orléans e Isabelle of Orléans-Braganza |
Irmáns | Isabel de Orléans Henrique, Conde de Paris Princess Hélène d'Orléans Prince François d'Orléans Diana d'Orléans Henrique, Conde de Paris |
Ana de Orleáns, nada en Woluwe-Saint-Pierre, Bélxica, o 4 de decembro de 1938, é unha princesa real de Francia da casa de Orleáns e Duquesa de Calabria por matrimonio; recibe o tratamento de Alteza Real.
Antepasados
[editar | editar a fonte]Ana de Orleáns é filla da súa Alteza Real o Príncipe Henrique de Orleáns, Conde de París e pretendente orleanista á coroa francesa, e da súa esposa, a súa Alteza Imperial e Real a Princesa brasileira Isabel de Orleáns-Bragança e Dobrzensky, Princesa de Orleáns-Bragança. Por vía paterna, é neta do Príncipe Xoán de Orleáns, Duque de Guisa, e da Princesa francesa Isabel de Orleáns-Bragança, mentres que, por vía materna, o era da súa Alteza Imperial e Real Pedro de Alcántara de Orleáns-Bragança, Príncipe de Grão-Pará, e da condesa checa Elisabet Marie Adelaide Dobrzenska de Dobrzenicz.
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]Os duques de Calabria coñecéronse durante a voda dos futuros reis de España, en 1962, en Atenas. Por entón, Ana de Orleáns era dama de honra da Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca mentres que don Carlos era compañeiro de estudos do que sería despois Xoán Carlos I.
O 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux, a princesa Ana casou con don Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, fillo do Infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón e da Princesa Alicia de Borbón-Parma. Actualmente, don Carlos goza do título de Infante de España por concesión do seu curmán, o rei Xoán Carlos I. A parella, establecida en Madrid, ten cinco fillos:
- Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1966, casada con Pedro López-Quesada y Fernández-Urrutia e nai de dous fillos, Victoria e Pedro.
- María de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1967, casada co Arquiduque Simeón de Austria, e nai de tres fillos (Juan, Luis e Felipe) e de dúas fillas (Isabel e Carlota).
- Pedro de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, duque de Noto, n. 1968, casado con Sofía Landaluce y Melgarejo e pai de seis fillos: Jaime, Juan, Pablo, Pedro, Sofía, e Blanca.
- Inés de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1971, casada con Michele Carelli Palombi dei Marchesi di Raiano, e nai de dúas fillas, Tareixa e Branca.
- Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias e Orleáns, Grande de España, n. 1976, casada co grego Markos Nomikos e nai de tres fillos, Anastasios, Carlos e Ana.
Ascendencia
[editar | editar a fonte]Predecesor: Alicia de Borbón-Parma |
Duquesa consorte de Calabria 1965 - |
Sucesor: No cargo |