[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Antón Fortes Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntón Fortes Torres

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego
Compromiso por Galicia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX893203 AELG: 352 BUSC: fortes-torres-antom-1957

Antón Fortes Torres, nado en Sarria en 1957, é un escritor, profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Románica, Galego-Portuguesa e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e é Catedrático de Lingua Galega e Literatura xubilado. Realizou igualmente estudos de lingua e literatura na Universidade Paul Valéry de Montpellier e nas Facultades de Letras de Coímbra e Lisboa. Pertenceu ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Isidro Novo e Lois Diéguez. Colabora habitualmente na revista Xistral.

Actualmente forma parte do Grupo Poético das Lupercais (Lugo).

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro en Sarria polo BNG entre 1995 e 1999,[1] e quinto nas listas desa formación en 2003.[2] Nas eleccións municipais de 2011 volveu á corporación municipal nas listas de Independientes de Galicia,[3] e en setembro de 2013 anunciou a súa intención de incorporarse a Compromiso por Galicia.[4] En novembro de 2014, foi nomeado candidato de CxG nas eleccións municipais de 2015,[5] sendo elixido concelleiro. No 2019 deixou a política partidista.

  • Figuras masculinas de meio-corpo, 1997, Espiral Maior. Premio Legais no 2001. 2ª ed., Chan da Pólvora, 2020.
  • Sexto Fetiche, 2001, edición de autor.
  • Gris cinza, 2005, eDixital.
  • Ansia (Balbúceos), 2010, eDixital.
  • Ofelia sen dó, 2019, Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo (eds.).
  • Gris cinza / Barbárie, crisântemos e um Urbano Lugrís, 2022, Através Editora.
  • Trânsito, 2024, Chan da Pólvora.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • A cabra boba, de Pep Bruno, 2006, Oqo Editora.
  • Gran libro dos retratos de animais, de Svjetlan Junakovic, 2006, Oqo Editora.
  • A boneca e a castañeira, de Roberto Aliaga, 2008, Oqo Editora.
  • A figueira de Pelostortos, de Ana García Castellano, a partir do conto tradicional, 2009, Oqo Editora.
  • Os mil brancos dos esquimós, de Isabel Minhós Martins, 2009, Oqo Editora.
  • A sopa queima, de Pablo Albo, 2009, Oqo Editora.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Premio Legais no 2001 por Figuras masculinas de meio-corpo.
  • II Premio Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado 2008 (Ministerio de Cultura) por Caderno de animalista.
  • Premio The White Raven 2009 por Fume.
  • V Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro 2016 por Ofelia sen dó.[8]
  1. "El BNG está satisfecho de que Fortes se posicione al margen del partido" El Progreso, 14 de abril de 2011
  2. ""O BNG sarriao incorpora a varios independentes" La Voz de Galicia, 7 de abril de 2003". Arquivado dende o orixinal o 22/04/2015. Consultado o 10/04/2015. 
  3. "Independientes de Galicia da el golpe en Sarria, La Voz de Galicia, 12 de abril de 2011
  4. "El portavoz de IG invita a Fortes a abandonar el grupo" El Progreso, 23 de setembro de 2013
  5. ""Antón Fortes, único candidato nas primarias abertas de Compromiso por Galicia en Sarria", Compromiso por Galicia". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 10 de abril de 2015.  |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |urlmorta= redundantes (Axuda)
  6. "Taccuino di un animalista". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03. 
  7. "Humo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03. 
  8. asociacionescritoras-es (14 de decembro de 2016). "Danse a coñecer as obras gañadoras do V Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 12 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]