AMOS 2
AMOS 2 | |
---|---|
Tipo | Satélite de comunicacións |
Data de lanzamento | 27 de decembro de 2003[1] |
Foguete portador | Soiuz |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur |
NSSDC ID | 2003-059A |
Masa | 1400 kg[2] |
Datos orbitais | |
Inclinación | 0 graos[1] |
Apoapse | 35 809,6 km[1] |
Periapse | 35 778,4 km[1] |
AMOS 2 (עמוס 2 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Soiuz o 27 de decembro de 2003 desde o cosmódromo de Baikonur, en Casaquistán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o segundo satélite de comunicacións israelí.
Características
[editar | editar a fonte]AMOS 2 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste e da servizo a Oriente Medio (incluíndo Israel), Europa e a costa leste dos Estados Unidos grazas ós seus once transpondedores en banda Ku.
AMOS 1 usou un motor de combustible líquido de 400 Newton para alcanzar a órbita xeoestacionaria tralo lanzamento por parte do Soiuz. Ten dez propulsores para o control de actitude, cada un cun pulo de 10 Newtons. Inicialmente levaba 450 kg de propelente (monometil hidracina e MON 3).
A lonxitude do satélite, cos paneis solares despregados, é de 11,5 metros. Estabilízase nos tres eixos mediante sensores de Terra e de Sol e mediante volantes de inercia. Os paneis xeran 1700 vatios de potencia, con baterías de níquel-cadmio como apoio.
AMOS 1 e AMOS 2 foron colocados cerca un doutro para crear unha localización común, permitiendo ós usuarios dos satélites aumentar o acceso ós servizos sen antenas adicionais.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- Wade, Mark (2011). Encyclopedia Astronautica, ed. "AMOS 2" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011.