[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xiaojing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Clásico da piedade filial»)

Xiaojing
Título orixinal孝經 e 孝经
Autor/aZengzi
LinguaChinés clásico
Tema(s)Piedade filial
Data de pub.século IV a. C.xuliano
Na rede
BNE: a6970374
editar datos en Wikidata ]

O Xiaojing (chinés tradicional: 孝經; chinés simplificado: 孝经; pinyin: Xiàojīng; Wade-Giles: Hsiao4-ching1) ou Clásico da piedade filial é un dos Trece Clásicos do confucianismo, centrado no tema da piedade filial. É dicir, que contén recomendacións sobre como comportarse cos pais, cos irmáns máis vellos ou cos gobernantes.

O texto foi escrito cara a finais do período dos Reinos Combatentes ou comezos da dinastía Han, e está baseado nunha conversa entre Confucio e un dos seus discípulos, Zengzi. Trátase dunha obra moi empregada en dinastías posteriores como medio de ensinanza moral para os nenos.[1]

O Xiaojing data do século IV ou III a.C.; a súa autoría é descoñecida. Segundo a tradición, é o rexistro dunha conversa entre Confucio e o seu discípulo Zengzi. Un erudito do século XII, He Yin, afirmou: "O Xiaojing non é obra do propio Zengzi. Cando este finalizou as súas conversas co mestre sobre o tema da piedade filial, repetiu aos estudantes da súa propia escola os contidos das mesmas. Foron estes os que clasificaron os ditos de Confucio, dando forma ao tratado".

Tal e como suxire o título, o libro trata sobre o tema da piedade filial, un dos valores basilares do confucianismo. O argumento central da obra é que a xente que ama e serve aos pais debe facer o mesmo cos gobernantes, o que conducirá a unha sociedade en harmonía:

資於事父以事母,而愛同;資於事父以事君,而敬同。
Tal e como serven aos pais, así serven ás nais, e as aman por igual. Tal e como serven aos pais, así serven aos gobernantes, e os reverencian por igual.
Xiaojing[2]

Influencia

[editar | editar a fonte]

O Xiaojing ocupou un lugar destacado na educación clásica da China imperial.[3] Foi empregado na educación máis básica, xunto co Lunyu, o Xiaoxue ou o Lie nü zhuan.[3] O seu estudo mencionábase en epitafios como mostra do bo carácter dunha persoa. Tamén era habitual recitalo a viva voz durante o loito polo pasamento dos pais.

A nivel político, tivo moita influencia, xa que a piedade filial era un medio para demostrar a propia virtude e acceder postos na corte imperial.[3] Así mesmo, foi citado por algúns dos neoconfucianos máis relevantes, entre os que destaca Zhu Xi.

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]
  1. Ebrey 1993, p. 64.
  2. Legge 1879.
  3. 3,0 3,1 3,2 Lu 2017, p. 268-277.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]