[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Circuíto de vía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun circuíto de vía ocupado.

Un circuíto de vía é un circuíto eléctrico ou electrónico que serve para saber se hai trens nun tramo de vía determinado. Utilízase normalmente para actuar sobre as sinais e evitar que un tren acceda ao cantón se este é utilizado por outro tren.

O circuíto realízase creando unha diferenza de potencial entre ambos os carrís. Ao entrar un tren nun circuíto de vía, as rodas metálicas curtocircuítan os carrís e este curtocircuíto é detectado por un relé. Este relé informa ao resto dos sistemas conectados a el de que o circuíto de vía se atopa ocupado. Cando o tren sae do circuíto de vía, as rodas deixan de curtocircuitar os raís e o circuíto volve considerarse como libre.

No caso dos bloqueos, os circuítos de vía coinciden cos cantóns e indican se os cantóns están ou non ocupados. Tamén poden situarse nunha estación.

A separación entre circuítos de vía realízase cortando os raíles ou colocando unha peza illante para evitar que a corrente eléctrica pase dun circuíto a outro. En vías electrificadas en corrente continua, para manter a continuidade da alimentación, o circuíto de vía funciona con corrente alterna e a separación entre circuítos de vía realízase mediante aparellos que permiten o paso da corrente continua e non da alterna.

Naqueles bloqueos nos que non se dispón de circuítos de vía, a ocupación dos cantóns efectúase a través de contadores de eixos (que contan os eixos que entran e que saen nun cantón) ou da comprobación directa da ocupación por parte do xefe de circulación. En ocasións algúns vehículos ferroviarios pequenos (como vagonetas de traballos) non teñen a capacidade de conducir a electricidade e curtocircuitar as vías, polo que necesitan utilizar un bloqueo por ocupación.

Nestas instalacións esíxese un nivel de seguridade moi alto, tanto no deseño xeral como nos compoñentes, denominado nivel de seguridade ferroviario, dado que os fallos poderían ser de consecuencias catastróficas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]