[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Van (anatomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cintura»)
Posición do van.

O van, cós [1] ou cintura é a parte do corpo entre as costelas e a pelve[2], onde en persoas cunhas medidas proporcionais acostuma se producir un estreitamento riba das cadeiras.

A medida do van fai referencia á liña horizontal onde a cintura é máis estreita.

A complexión feminina ten, polo xeral, un van máis estreito ca os homes.

Índice van/cadeira

[editar | editar a fonte]

O índice cintura/cadeira é unha relación para dividir o perímetro da cintura entre o da cadeira. O índice a proporción na que a graxa está distribuída a través do tronco.

Un índice de 0,7 para as mulleres e de 0,9 para os homes corresponden aos ideais de saúde e fertilidade.

Medida da cintura

[editar | editar a fonte]
Un mozo con sobrepeso cunha circunferencia no van de 100 cm.

O tamaño da circunferencia do van dunha persoa utilízase para determinar a obesidade. Un exceso de graxa abdominal é un factor de risco para o desenvolvemento de doenzas cardíacas e outras doenzas ligadas co sobrepeso. O Instituto Nacional do Corazón, Pulmóns e Sangue dos Estados Unidos (The National, Heart, Lung and Blood Institute, NHLBI) categoriza o risco de enfermidades relacionadas coa obesidade como alto se a circunferencia do van é maior de 102 cm e 88 cm, para os homes e mulleres, respectivamente.[3]

Un estudo publicado por The European Heart Journal en abril de 2007 mostrou que a circunferencia do van, do mesmo xeito que o índice van/cadeira axudan a predicir problemas cardiovasculares.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]