Cifose
Cifose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Imaxe preoperatoria dun mozo de 22 anos con doenza de Scheuermann, un tipo de cifose estrutural. | |
OMIM | 138900 |
DiseasesDB | 21885 |
MedlinePlus | 001240 |
MeSH | D007738 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A cifose ou quifose (do grego κύφος, "convexo", e o sufixo -se, que indica "estado, proceso") é unha desviación da columna vertebral que provoca un avultamento á altura da parte posterior da rexión torácica [1]
O vulto producido nas costas coñécese vulgarmente coma corcova ou chepa. Tamén coma carrela, carrumba, gobelo, gobia, lomba, marrá ou xiba [2]
A columna presenta catro curvaturas fisiolóxicas (ou "normais"): dúas curvaturas dirixidas cara a fóra do corpo denominadas cifoses que están presentes na columna dorsal e sacra, e dúas curvaturas chamadas lordoses dirixidas cara a dentro do corpo e situadas na rexión lumbar e cervical. A escoliose (curvaturas cara aos lados) sempre se considera patolóxica ("anormal"). Neste caso, a deformidade en flexión da columna vertebral provoca unha curvatura con prominencia dorsal, moitas veces acompañada de patoloxía cardiopulmonar como complicación da deformidade vertebral[3].
As alteracións da columna vertebral pódense dar en dous planos; o medial e o frontal. Dentro do plano frontal atopamos a escoliose. Mentres que a cifose e a lordose son vistas desde un plano medial (lateral). Cando a curva fisiolóxica tórnase patolóxica denomínase hipercifose.
Patoxenia
[editar | editar a fonte]Unha hipercifose en sentido patolóxico refírese a unha enfermidade onde a columna vertebral curva en 45 graos ou máis e perde parte ou toda a súa capacidade para se mover cara a dentro. Isto causa unha inclinación nas costas, vista como unha má postura. Os síntomas da hipercifose, que poden presentarse ou non dependendo do tipo e extensión da deformidade, poden incluír dor de costas, aparencia dunhas costas curvadas e raramente restrición para a ventilación pulmonar. Se é necesario, esta deformidade é tratada cunha férula (ou un corpiño) e terapia física, ou con cirurxía correctiva. Casos severos poden causar moita incomodidade e incluso a morte. En pacientes con deformidade cifótica progresiva por un colapso vertebral, mediante unha intervención de cifoplastía pódese deter a deformidade e aliviar a dor.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Hai unha gran variedade de tipos de cifose (os códigos CIE-10 aparecen entre parénteses):
- (M40.0) a cifose de postura, que é a máis habitual, usualmente atribuída a unha má postura, representa unha notábel mais flexíbel curvatura da columna vertebral.[4] Usualmente comeza a se notar durante a mocidade e de cando en cando leva dor ou problemas a longo prazo na vida adulta.[5][6]
- (M42.0) a cifose de Scheuermann, que é significativamente peor esteticamente e pode causar dor. É considerada unha forma de alteración xuvenil da columna vertebral. Comunmente é denominada a enfermidade de Scheuermann. Con frecuencia aparece en mozos cunha deformidade máis notoria ca a da cifose de postura. Un paciente a sufrir a cifose de Scheuermann non pode corrixir a súa postura de por si.[7] O ápice da curvatura, localizada na vértebra torácica, é un tanto duro. A persoa que padece esta doenza pode sentir dor neste ápice, dor que pode empeorar con actividade física e por se manter parado ou sentado moito tempo. Isto pode traer consecuencias negativas importantes para a súa vida así como o seu nivel de actividade decrecerá pola súa condición; pode sentirse illado ou ter problemas de adaptación cos seus compañeiros se son nenos -dependendo do grao de deformidade. Mentres que na cifose de postura os discos e a vértebra parecen normais, na de Scheuermann son irregulares, frecuentemente en forma de cuña polo menos en tres niveis adxacentes.
- (Q76.4) a cifose conxénita pode ocorrer en meniños nos que a columna vertebral non se desenvolveu correctamente na matriz. A vértebra puido ser malformada ou fundida xunta e pode causar cifose progresiva mentres o neno desenvólvese.[8] Un tratamento de cirurxía pode ser necesario nun estado temperán e pode axudar a manter unha curvatura normal xunto coa observación dos cambios motores. Aínda así, a decisión de realizar esta operación pode ser moi difícil debido aos riscos potenciais para o cativo.
Tratamentos
[editar | editar a fonte]O tratamento pode involucrar medicamentos antiinflamatorios así como exercicios para fortalecer os músculos abdominais e próximos á columna. Un tratamento mediante cirurxía pode usarse en casos severos; mais empréganse férulas se se considerar que a cirurxía é innecesaria, así como se o avance é serio e consiste na fusión da vértebra anormal. A cirurxía tamén ten un maior risco ca a férula, xa que pode causar unha infección que ten posibilidades de crear bacterias moi resistentes.
O tratamento específico da hipercifose será determinado polo médico que trata o paciente baseándose no seguinte:
- a idade, estado xeral de saúde e historia médica do suxeito.
- o avanzada que estea a doenza.
- tolerancia do suxeito a determinados menciñas, procedementos ou terapias.
- expectativas de evolución da enfermidade.
- opinión ou preferencia do suxeito.
En pediatría
[editar | editar a fonte]O tratamento en pediatría depende do grao de curvatura:
- Menos de 40 graos flexíbel: só exercicios.
- Maior de 40 graos: corpiños ortopédicos.
- Maior de 60 graos: cirurxía.
Órtese (reforzo)
[editar | editar a fonte]A órtese é un dispositivo externo aplicado ao corpo que permite modificar os aspectos funcionais ou estruturais do sistema musculoesquelético e do sistema nervioso Vocabulario de medicina Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008 e Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
Estes corpiños amosaron beneficios nun ensaio controlado aleatorio.[10]
O corpiño de Milwaukee é un dispositivo de corpiño particular que a miúdo se usa para tratar a hipercifose nos Estados Unidos.
Cirurxía
[editar | editar a fonte]O tratamento cirúrxico aplícase en casos graves. En pacientes con deformidade cifótica progresiva debido ao colapso vertebral, un procedemento chamado cifoplastia pode deter a deformidade e aliviar a dor. O procedemento é grave e componse da fusión das vértebras anormais.[11]
Só se debe recorrer ocasionalmente á cirurxía cando a curva mida máis de 60 graos na placa de raios X, o aparello ortopédico non logre atrasar a progresión do encurvamento, e especialmente haxa síntomas de dor persistente de costas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cifose.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para corcova.
- ↑ Definición en Vocabulario de medicina, Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002.
- ↑ Annals of Human Biology, Volume 1, Number 3 / July 1974.
- ↑ M96.2
- ↑ Osteopathy: A Complete Health Care System Arquivado 27 de setembro de 2004 en Wayback Machine., by Leon Chaitow N.D., D.O., M.R.O. Arquivado 18 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Back.com and [1] Emedicine.com
- ↑ "Natural History of Congenital Kyphosis and Kyphoscoliosis.". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2006. Consultado o 21 de marzo de 2017.
- ↑ Weiss HR, Turnbull D. 2010.
- ↑ Pfeifer M, Begerow B, Minne HW. "Effects of a new spinal orthosis on posture, trunk strength, and quality of life in women with postmenopausal osteoporosis: a randomized trial" (3). PMID 15043351. doi:10.1097/01.PHM.0000113403.16617.93.
- ↑ "SpineUniversity.com". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2006. Consultado o 21 de marzo de 2017.