[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Citroën C15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Citroën C15

Fabricante Citroën
País Francia
Montaxe Vigo, Galicia Galicia
Mangualde, Portugal
Período 1984-2005
Configuración
Tipo Vehículo comercial lixeiro
Carrozaría Furgoneta de 4 portas
Chasis-cabina de 2 portas
Configuración Motor dianteiro transversal, tracción dianteira
Dimensións
Lonxitude 3995 mm
Anchura 1636 mm
Altura 1801 mm
Peso 850 - 945 kg
Características técnicas
Motor 4 cilindros en liña gasolina e diésel
Modelos relacionados
Antecesor Citroën Acadiane
Sucesor Citroën Berlingo


A Citroën C15 é unha furgoneta pequena que foi producida polo fabricante francés Citroën entre os anos 1984 e 2005. Substituíu a Citroën Acadiane, e a súa sucesora, a Citroën Berlingo, foi posta á venda no ano 1996.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A gama de lanzamento constaba de dúas motorizacións, unha de gasolina de 1.1 litros e outra diésel de 1.8 litros, de 48 CV e 60 CV de potencia máxima respectivamente, estando dispoñible dende 1986 unha segunda opción de gasolina de 1360 cc e 60 CV. Todos estes motores procedían do turismo Citroën Visa, do cal derivaba a C15. Estas mecánicas de gasolina serán substituídas por outras máis modernas (tipo TU), aínda que da mesma cilindrada, procedentes do Citroën AX, despois de 1987, con potencias entre 55 e 75 CV. Tamén o diésel será substituído por un novo 1.9 litros de 71 CV, similar ó do Berlingo, após o lanzamento deste modelo. Nos derradeiros anos de produción só se ofertou esta motorización. Existiron variantes da furgoneta con ou sen vidros laterais e chasis-cabina - esta última permitía incorporar unha caixa isoterma ou unha caixa ao estilo pickup. Segundo o ano e a versión, tiña unha capacidade máxima de carga de entre 500 e 800 kg.

O C15 recibiu varios cambios de estilo ao longo da súa vida comercial. As modificacións principais que recibiu a furgoneta na súa vida comercial foron a calandra dianteira e o cambio de portón traseiro a dobre porta. Na súa derradeira etapa a C15 estivo dispoñible con dirección servoasistida e con acondicionador de ar.

Prestacións

[editar | editar a fonte]

Dicíase que, co motor diésel máis potente, esta furgoneta era capaz de acadar os 160 km/h, mais actualmente, o récord está en 170 km/h, da man do equipo C15-24h obtido no Autódromo do Algarve (Portugal) en febreiro de 2018.[1]

Produción

[editar | editar a fonte]

A C15 foi fabricada nas instalacións de Citroën en Vigo (Galiza)[2] e Mangualde (Portugal).[3] A derradeira unidade (número 1 181 471) fabricouse o 5 de decembro de 2005 na factoría de Citroën de Vigo.[2][4]

Motorizacións

[editar | editar a fonte]
Motores de gasolina Motores diésel
1.1 1.4 1.8 D 1.9 D
Período 1984-1989 1989-1992 1992-1996 1991-1996 1986-1992 1992-2000 2000-2005
Identificación do motor E1A TU1 F2/K TU1 M/Z TU3 M/Z XUD7 K XUD7 Z DW8
Tipo de motor L4 8v, carburación L4 8v, inxección monopunto L4 8v
Diámetro x carreira 74.0 mm × 65.0 mm 72.0 mm × 69.0 mm 75.0 mm × 77.0 mm 80.0 mm × 88.0 mm 82.2 mm × 88.0 mm
Cilindrada 1118 cm³ 1124 cm³ 1360 cm³ 1769 cm³ 1868 cm³
Relación de compresión 9.6: 1 9.7: 1 9.4: 1 9.3: 1 23.0: 1
Potencia máxima: CV (kW) @ rpm 55 CV (40 kW) @ 6000 55 CV (40 kW) @ 5800 60 CV (44 kW) @ 6200 75 CV (55 kW) @ 6200 60 CV (44 kW) @ 4600 69 CV (51 kW) @ 4600
Par máximo: Nm @ rpm 80 Nm @ 3400 87.5 Nm @ 3200 87.5 Nm @ 3800 109 Nm @ 4000 110 Nm @ 2000 125 Nm @ 2500
Tracción Dianteira
Transmisión Manual, 4 velocidades Manual, 5 velocidades
Aceleración (0-100 km/h) 13.7 s 13.2 s 10.7 s 15.1 s 14.7 s
Velocidade máxima 167 km/h 158 km/h 170 km/h 155 km/h 160 km/h
Consumo combinado (L/100 km) 5.8 5.1 6.4 5.6
  1. Compa oldie: ¿Citroën C15 o Renault Express? (13 de novembro de 2018). Autobild.es.
  2. 2,0 2,1 Un merecido adiós para el Citroën C15 (en castelán). Elmundo.es.
  3. Citroën C15 foi um verdadeiro sucesso na Europa. www.planetcarsz.com.
  4. "Adeus ao Citroën C15" (en castelán). Madrid, España: Motorpasion. 6 de decembro de 2006. Consultado o 6 de decembro de 2005.